Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
No Concello de Mugardos

Tres días de peche contra Reganosa

A plataforma de veciños do Cruceiro de Mehá segue o encerro "indefinido" na casa consistorial mugardesa.

Redacción - 11:00 26/07/2007

Os veciños chegaron na mañá deste xoves ás 72 horas de peche na Casa do Concello de Mugardos. E aló seguirán de momento, despois de conseguiren inicialmente o compromiso de seren recibidos, durante esta mesma xornada, por representantes da Dirección Xeral de Protección Civil.

Ao fío, recordan que outra das principais reivindicacións está aínda pendente de resposta: a petición de xuntanza co director da área de Industria e Enerxía da Coruña, de quen depende a curto prazo a autorización final a Reganosa para a súa entrada en funcionamento. Os veciños queren que sexa este quen lles dea explicacións sobre o Plan de Emerxencia Exterior aprobado para Reganosa, do que insisten en que se descoñecen os detalles do proxecto aprobado hai poucos días polo Consello da Xunta. Recordan que no espazo de seguridade estabelecido polo que transcendeu do propio documento, o perímetro de 400 metros, hai cando menos 184 persoas vivindo en 73 vivendas.


4,6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: