Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Arnaldo Askatu.org

Batasuna crea unha páxina na rede para pedir a posta en liberdade de Otegi

O partido acaba de abrir unha páxina web para que a cidadanía esixa a posta en liberdade inmediata do seu dirixente, Arnaldo Otegi, que cumpre unha condena de 15 meses de prisión no cárcere de Martutene.

Redacción - 12:08 26/07/2007

O partido vasco asegurou que esta iniciativa comezou tras manter contactos con diferentes axentes e partidos políticos, que tamén van asinar na páxina, mostrando a súa solidariedade con Otegi e esixindo a liberación do dirixente da esquerda abertzale.

Na web www.arnaldoaskatu.org aparece un texto con tres puntos, condensuados entre os colectivos cos que Batasuna contactou. Nel tamén se destaca que a interlocución política, entre persoas e organización, é "un elemento básico" para conseguir acordos e labrar un escenario de paz.

Os que subscriben o texto mostran o seu rexeite ao encarceramento de Otegi, ao que definen como "un dos principais interlocutores da esquerda abertzale" e piden "ás autoridades xudiciais pertinentes a súa posta en liberdade".

Otegi foi metido no cárcere de Martutene o pasado 8 de xuño, por participar nun acto de lembranza a Jose Miguel Beñaran Ordeñana, Argala, militante de ETA morto nun atentado reivindicado polo BVE (Batallón Vasco Español).


4,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: