Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Tamén descende o número de hipotecas

A taxa de paro cae ao 7,57% cun total de 98 mil desempregados

Son no segundo trimestre un total de 14.700 persoas as que atoparon choio, segundo os datos da Enquisa de Poboación Activa.

Redacción - 11:16 27/07/2007

As cifras indican un descenso no total de parados de até o 13,04% entre abril e xullo, deixando o total en 98 mil e a taxa de desemprego no 7,57%. A evolución interanual supón 10.600 persoas menos sen traballo, caída do 9,73% e o quinto mellor dato a nivel estatal, onde a mellor evolución nos últimos doce meses rexistrouse en Madrid, Canarias e Euskadi.

Na Coruña a taxa de desemprego queda no 8,25%, con 44.900 parados. En Pontevedra a porcentaxe está no 8,27%, 38.400 desempregados. En Ourense habería segundo a EPA un total de 7.600 persoas sen traballo, o 5,4% da poboación activa, e en Lugo 7 mil, o 4,88%.

Mais con todo, a taxa de traballo temporal para este mesmo período de tempo é do 31,85%, só unha décima menos que o anterior trimestre.

Tamén baixa o número de persoas hipotecadas
Con datos referidos a maio, podemos comprobar que Galiza é unha das autonomías do Estado Español con menos hipotecas por habitante. Nunca listaxe que van encabezando Baleares e Valencia, Galiza atópase entre as comunidades con menos hipotecas, e tampouco está entre as comunidades cun meirande importe medio hipotecado, onde van gañando Madrid e Cataluña.

En Galiza hai 272 hipotecas por cada cen mil habitantes, dato que contrasta, por exemplo co Balear, onde se rexistraron 721 hipotecas por cada cen mil persoas.


4,33/5 (3 votos)


Comentarios (5)

dalai #1 27/Xullo/2007 dalai
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

tururú

Tino #2 27/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non esqueamos q nestes meses miles os parados q aproveitan para facer cursos de formacion ocupacional e sonlle suspendidas as demandas, polo q non constan como parados.
De todas maneiras, ainda así, se os datos se manteñen a tendencia deveria ser positiva.

maraghota #3 27/Xullo/2007 maraghota
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A mim parece-me que um jornal sério que se prece deveria cuidar o estilo um pouco mais, e talvez evitar expressons tam alegres como "atoparon choio", que desprestígiam tanto o jornal como a língua. A pessoa que redigiu a notícia seguramente ficaria chocada se lesse num jornal espanhol que tantas pessoas "pillaron curro"... Que tem de ruim dizer que encontrarom trabalho?

OBSERVADOR #4 28/Xullo/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Maraghota tem toda a razão. E ainda deveriam dizer, se for o caso, que tantas pessoas FORAM CONTRATADAS. Isso achegaria-se mais à realidade: trabalho precário, muito e barato.

teixugo #5 29/Agosto/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Um bruto.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete