Un novo produto natural, Melanovenz, con 100% de efectividade comprobada no tratamento contra o vitiligo, será subministrado en forma gratuíta aos pacientes con esta doenza nos diferentes centros de atención do Instituto Venezuelano dos Seguros Sociais (Ivss).
O medicamento, chamado Melanovenz, é produto dos achados do médico investigador venezuelano Abel Gustavo Poleo, director do Centro Bolivariano de Investigacións en Saúde (Cbis), organismo adscrito ao Ivss con apenas dous anos de creación. Segundo os estudos realizados, ten resultados positivos ao 100% no termo dun mes. O Melanovenz é un produto que contén rexeneradores celulares mitocondriais (as mitocondrias subministran a enerxía precisa para a actividade celular) e antioxidantes de orixe vexetal, sen efectos secundarios. Esta é unha vantaxe do medicamento venezuelano fronte aos tradicionalmente usados para este padecemento, os cales conteñen esteroides. O tratamento con este fármaco estará destinado aos pacientes a repigmentación dos cales sexa resistente ao Vitilvenz, medicamento de elaboración venezuelana que resultou cun 86% de efectividade e que tamén é produto de investigacións do Dr. Poleo xunto coa doutora Janeth Rojas. O vitiligo, considerado polo investigador venezuelano como unha enfermidade estigmatizante, é un padecemento cutáneo producido por traumatismo, estrés, danos físicos, radiacións ou por calquera alteración do organismo, caracterizado pola perda de pigmentación (cor) en certas áreas da pel, o cal ocasiona parches brancos de forma irregular que senten como pel normal.
Este padecemento pode aparecer a calquera idade e é máis notorio en persoas de pel escura debido ao contraste dos parches brancos con esta cor de pel.
A este respecto, o Dr. Poleo sinalou que o Melanovenz permitirá a través da activación dos melanocitos -que son as células nas que se sintetiza o pigmento que dá cor á pel, melanina-, ademais de eliminar as manchas da pel, resolver os problemas psicolóxicos e emocionais causados polo vitiligo, xera un estado de felicidade plena os pacientes, o cal é o obxectivo deste novidoso tratamento.
Para a data, nas 20 unidades do Cbis tratáronse 72 mil pecientes con vitiligo en todo o país, incluíndo estranxeiros provenientes de Estados Unidos, Estado español, Cuba e países africanos.