Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proposta de Verdegaia

Mudanza radical na xestión municipal da auga

A entidade ecoloxista presenta unha moción para preservar os recursos hídricos nos principais concellos do país.

Redacción - 18:20 27/07/2007

Verdegaia propón que os concellos muden a xestión dos recursos hídricos para, ademais de aforrar auga, mellorar o estado de conservación dos ecosistemas acuáticos. Para iso, presenta unha moción que inclúe medidas como o estabelecemento de iniciativas fiscais e de tarifas que fomenten o consumo racional, a separación das augas residuais industriais das domésticas, que se contemplen sistemas descentralizados de depuración da auga e que se apliquen políticas de aforro e de sensibilización cidadá para promover unha nova cultura da auga.

A asociación ecoloxista apunta que as perdas nas redes de distribución do país supoñen o 20% da auga distribuída e que o 90% dos cursos fluviais están contaminados. O cambio climático e a posibilidade de que no futuro aumente a incidencia das secas en Galiza son un motivo máis para impulsar o aforro no consumo. Máis detalles no Canal Verde.


4,5/5 (2 votos)

Comentarios (1)

Tino #1 30/Xullo/2007 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non só hai perdas de auga, senón q a xestión e uso da mesma faise de forma irracional por quen non ten nin idea de coñecementos mínimos:
Observade non xardins das vosas vilas, regan ao mediodia, a peor hora. Calquera sabe q o mellor é regar de noite, en abundancia unha vez por semana, mellor q todos os dias unha reguiña muida q non chega ao miolo das raízes.
Os xardins (minimalistas?) actuais fanos sen árbores: se os hai están tan espalladas e son tan pequenas q non dan sombra ningunha. Toda a auga coa q se regue desaparecerá polo efeito do sol.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: