Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O presidente asegura que non se botará man do endebedamento

Tecnoloxía, innovación e infraestruturas produtivas serán prioridade nos orzamentos 2008

Serán estas as "pancas" da acción de goberno para o próximo exercicio, segundo avanzou o presidente da Xunta este domingo.

Redacción - 09:30 30/07/2007

"Trátase dun orzamento que espero que medre varios puntos por enriba do IPC, por enriba da taxa de inflación e do propio crecemento dos prezos", detallou Emilio Pérez Touriño este domingo, adiantando que o Goberno presentará unhas contas "absolutamente saneadas e en equilibrio".

A prioridade máxima será deste xeito o "capital produtivo" co obxectivo de que priorizar "por riba de todo aquilo que fai que a economía poida seguir crecendo". Ao fío, Touriño destacou as recentes cifras sobre a caída do desemprego e sobre o crecemento económico do país, por riba da media estatal. A continuación, citou como "segunda prioridade" o "benestar social" que considerou vencellada á meta anterior. "Se temos crecemento, poderemos cumprir a segunda das prioridades, que é o gasto social, as políticas de benestar social pensadas nos cidadáns", comentou.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: