Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
triatlón

Gómez Noya gaña no Reino Unido máis unha proba da Copa do Mundo

Iván Raña ficou no quinto posto, facendo unha moi boa carreira, após a súa lesión, aínda non curada. O outro galego na proba, David Castro, ficou no posto 54.

Redacción - 09:30 30/07/2007
Un momento da carreira

Un momento da carreira

Mais un chanzo no camiño cara a Copa do Mundo para o ferrolán Xavier Gómez Noya, quen vén de gañar, esta fin de semana en Salford (Reino Unido).

O galego, que vai de primeiro no ránking mundial, realizou unha boa saída, logo terminou cunha fuxida dos seus rivais, para pórse el en cabeza, por diante dos máis, e terminar así a proba.

Iván Raña, que aínda está a se recuperar da súa lesión, terminou a proba no quinto posto, e o coruñés David Castro acabou a carreira no posto 54.

A clave da carreira de Gómez Noya
Os momentos máis duros para o triatleta ferrolán foron en bicicleta, loitando para controlar os tentos de fuxida do actual campión do mundo, Tim Don. Finalmente, Gómez Noya alcanzou os fuxidos, con algo de medo de ter que o pagar despois, tras todo o esforzo dado nesta parte da carreira.

Mais, ao baixar da bicicleta alcanzou os seus rivais e ficou só nun grupo de tres corredores, xa decidido a gañar a proba, tirando con forza até cruzar a liña de meta de primeiro, a 12 segundos do australiano Brad Kahlefeldt e a 17 do canadense Simon Whitfield.


5/5 (2 votos)


Comentarios (10)

maraghota #1 30/Xullo/2007 maraghota

"Gómez Noya gaña no Reino Unido mais unha proba da Copa do Mundo", ou seja, "Gómez Noya gaña no Reino Unido pero unha proba da Copa do Mundo".

OBSERVADOR #2 30/Xullo/2007 OBSERVADOR

haha! És o demo, Maraghota. Pois é, em castrapeiro seria "máis unha", o que é conhecido em língua galega como «mais uma».

carlinhos21287 #3 30/Xullo/2007 carlinhos21287

haha hehe hihi hoho.... as cousas son como son, por que non somos un pouquiño mais tolerantes e respectamos os diferentes codigos lingüiticos???? sendo ademais o que se emprega o oficial... os da RAG non son o inimigo....

pd: EMPEZADE A OPINAR SOBRE AS NOVAS, E QUE NESTA PAXINA SÓ SE FALAN DE CODIGOS LINGÜISTICOS, OU NA BUSCA DE CASTRAPOS NOS TEXTOS???

pd2: Parabens Gomez Noya

guillerme #4 30/Xullo/2007 guillerme

Parabéns Gómez Noya, segue así conseguindo vitorias para o deporte galego. Tamén quero felicitar a Iván Raña que está a lograr unha espectacular recuperación da forma.

OBSERVADOR #5 30/Xullo/2007 OBSERVADOR

Carlinhos não-sei-quantos-números,

levamos opinando sobre as novas já muito tempo. Desde o antigo Vieiros e ainda antes, quando Vieiros estava por nascer.

Para além de que estamos com direito a dizer o que nos peta, sobretudo se Vieiros insiste em usar mal a língua até na sua própria escolha ortográfica.

E se não, pergunta-lhe à Gaivota.

carlinhos21287 #6 30/Xullo/2007 carlinhos21287

non esquezamos que vieiros non é un xornal de pago, asi que non temos dereito a esixir nada, senon non entredes na web e acabouse....
outra cousa distinta é correxir co afan de que esta mellore... pero tristemente non sempre é este o obxetivo do que critica....
Un saudo....

OBSERVADOR #7 30/Xullo/2007 OBSERVADOR

Vieiros não será de pago, mas a minha vista, tempo e paciência são também de graça. Sei que é muito pedir um mínimo de correção idiomática, mas pelo menos tratar de fazer as cousas bem, já que se fazem...

guillerme #8 31/Xullo/2007 guillerme

Observador, Carlinhos non jodades, deixade de discutir entre vós e lembrade cal é o verdadeiro inimigo. Veña ao fin e ao cabo estou seguro que todos opinades coma min: Aupa Gómez Noya! Aupa deporte galego! Aupa Galiza!

carlinhos21287 #9 31/Xullo/2007 carlinhos21287

razon non che falta...

anacleto #10 31/Xullo/2007 anacleto

Tiquis-miquis do carallo, estades obsesionados coas ortografías e as novas interésanvos un pito.O mesmo co idioma, interésavos un carallo en sí mesmo, só as interminabeis disputas por esta letra ou este acento.Así acabastes, pero non vos decatades sequera.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: