Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Toma de posesión dos novos membros

O Consello de Contas pídelles lealdade ás institucións

Antonio López afirmou que unha mellor xestión da economía pública contribuirá a mellorar o autogoberno.

Redacción - 18:04 30/07/2007

Antonio López, Pedro Puy Fraga e Luciano Fariña son dende este luns novos membros do Consello de Contas. López, que se perfila como próximo conselleiro maior do organismo, pediulles ás institucións públicas que “colaboren lealmente” no obxectivo de que as contas públicas sexan “máis equitativas, eficientes e económicas”.

O novo membro do Consello explicou que só dese xeito “afondaremos e melloraremos as nosas institucións e o noso autogoberno, e os galegos sentiranse máis libres e máis comprometidos co gasto público”. O Consello de Contas evolucionou “dende unha vixilancia puramente formal e de legalidade” até controis “de eficiencia, eficacia e economía” na xestión do gasto.

López afirmou que a tendencia actual é responder á xestión por obxectivos, que atende máis a “para que se gasta”, o que resulta “moito máis intelixíbel para os nosos cidadáns”. Tamén fixo referencia ao longo proceso de renovación dos cargos, que durou máis dun ano de negociación dos tres partidos políticos.

A presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, dixo que os cidadáns queren unha “nova ética pública” e que lles “esixen” aos seus representantes políticos a “transparencia nos procedementos e, sobre todo, eficacia”. A designación do conselleiro maior producirase en setembro. Actualmente o cargo osténtao Luciano Fariña, aínda que o máis probábel é que o substitúa Antonio López, designado polo PSdeG.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: