O descrédito que os medios arrastran debido ao sistema de convenios estabelecido durante os gobernos de Manuel Fraga non foi aínda prioridade a revisar polo actual executivo.
Hai máis dun ano que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, CPXG, poñía na mesa unha proposta concreta para tratar de solucionar a situación. "As axudas aos medios viñeron formando parte do mercadeo político, obviando para iso os procedementos de publicidade, obxectividade e control parlamentario", queixábase daquela en conferencia de prensa o decano do CPXG. Fronte a isto, propoñía o colectivo un sistema de control.
O requirimento volve á actualidade despois de que o xornal El País adiantara este luns a análise do Consello de Contas sobre os convenios da Xunta cos medios, salientando o reparto "discrecional" de 14,08 millóns de euros durante o ano 2004. Un estudo ademais onde apenas se recollen os convenios estabelecidos directamente polas consellarías e onde non aparece nin publicidade institucional, nin cantidades concedidas por empresas e organismos públicos.
Sospeita "arraigada" na percepción cidadá
O pasado mes de maio e coincidindo co Día Mundial pola Liberdade de Prensa, o decano do Colexio de Xornalistas, Xosé Manuel Vega, explicaba para Vieiros os problemas do escenario mediático actual. Vega reparaba no problema de que o país necesite un tecido de medios privado forte que se cadra nas actuais circunstancias socioeconómicas "non se pode manter por si mesmo" co actual mercado publicitario e número de lectores.
Nese suposto, o decano dos xornalistas galegos propoñía que se para manter ese tecido de medios "son necesarias as axudas públicas porque se trate dunha cuestión de interese xeral" entón habería que falar con máis claridade "levalo ao Parlamento e que figure nos orzamentos, poñendo criterios obxectivos para que todo o mundo saiba canto recibe cada quen e para que".
Cara ao control estreito das axudas
O sistema proposto polo Colexio de Xornalistas, e reiterado agora hai pouco máis dun ano, estabelecería a baremación arredor de dúas grandes categorías. Dunha beira as axudas automáticas para medios de comunicación en galego, directas e indirectas mediante subscricións a centros dependentes da Xunta, publicidade institucional, deducións fiscais. Por outra parte as axudas, directas e indirectas, para o financiamento de proxectos presentados polos medios de comunicación, neste caso independentemente da lingua escollida, a través dun concurso público, onde se valorarían diversos criterios: pluralismo e diversidade de medios; socialización: acceso xeneralizado aos medios e á información a través de tódolos soportes posíbeis, favorecendo e dinamizando os procesos de distribución e contribuíndo a abaratar os custos indirectos e cualificación ou mediación cualificada, que se especifica en: profesionalización e especialización, democratización dos procesos de produción e tecnoloxización e innovación
O PSOE resistese a eliminar a discrecionalidade. Fernando Salgado non debe mover unha palla. Touriño quererá ser un novo Fraga?...
Menos mal que o BNG presiona no goberno. A ver se o consegue....
Opino o mesmo que tonibler. Os media son o cuarto poder, ese que vive de magrear no poder executivo. E xa se sabe, en cuestións sexuais, a discrecionalidade é a pauta que seguen todos.
Pois aos grandes medios semella q non lle chega co tragan.
A finais do verán do 2006, tralos incendios, o ínclito xornal LaVoz adicouse a botar mais lume sacando titulares como ,,Los altos cargos contra incendios cobrarán los pluses aprobados por el anterior gobierno".
Se eses pagamentos eran totalmente legais pero eliminados na nova lei contra os incendios, q estaba a punto de ser aprovada. Entón, a q se devian eses titulares?: está claro, presionar a Conselleria para q lle dera mais pasta!
Para quen lle interese: hai Consellerias e Consellerias, hai unhas q tragan coa presión dos ,,MIDIA" e outras non polo q se ve.
non son os media o cuarto poder nin o quinto. hai un poder, un macrogoberno mundial en torno ó capital, e a función do periodismo, dos medios de información en xeral, é a de espallala ideoloxía e a teoría de ese grupo de poder dentro duns cauces de debate controlado. cumple así unha función parexa á policía e os exercitos e como estes, en vez de estar pagados por aqueles os que serve ( xa me diredes para que quero eu policía !!! ), resulta que, como é un asunto de interés xeral ( veiga dixit ) vamos a ter que suvencionalo todos. e eso para que despois pedro arias nos de clase de liberalismo. ah, canta razón tiña paul sethe cando decía que a liberdade de prensa era a liberdade de 200 ricos para expresalas súas opinións. e moito vamos ter que empuxala sociedade civil para botar toda esta caterva o mar.
Quen controla a opinión pública ten o poder e eses son os medios de comunicación o poder político sabeo, e por eso non lle interesa perder ese poder, pero non é so cuestión do PP, senon tamén do PSdG e máis do BNG, so hai que esperar a que alguén teña coraxe para enfrontarse a eles e quitarlles as subvencións. Ollade o que pasou ca Planta de Reganosa en Mugardos, ca Cidade da Cultura no Monte Gaiás en Santiago, etc., eran novas nos xornais no goberno anterior, non, so o son agora, e cales son as que nos ocultan agora, pois o saberemos cando os que gobernan agora deixen de pagarlles. Pero a culpa non só e deles, tamén e principalmente nosa por mercar os productos de eses medios de comunicación que sabemos que nos contan as novas, segundo os seus intereses económicos.