O Reino Unido termina deste xeito unha operación militar que comezaba en 1969, dando pé a unha nova etapa en Irlanda do Norte.
Seis dos condados do Ulster forman Irlanda do Norte
Esta medianoite o exército retírase do Ulster, pondo fin á máis longa "operación de seguridade" da súa historia. Por primeira vez dende hai 38 anos, reduce a súa presenza a uns 5.000 soldados, que xa non vixiarán a seguridade interior.
Tal como esixía o proxecto de desmilitarización de Irlanda do Norte, acordado polos principais partidos da zona e os Gobernos de Londres e Dublín, os británicos abandonan pacificamente o Ulster, nun proceso que xa veñen facendo, paseniñamente, mentres avanzaba as negociacións do proceso de paz. Agora, na medianoite do 31 de xullo ao 1 de agosto terminará a súa operación militar máis longa, dentro do considerado como territorio nacional británico.
Nestes 38 anos de campaña -dende 1969, cando o Goberno conservador de Ted Heath enviaba reforzos en apoio á policía local- máis de 300.000 efectivos militares se mantiveron na zona. De entre eles, faleceron 763 soldados e máis de 6.000 foron feridos. Nas épocas máis violentas, o número de soldados británicos chegou a superar os 28.000. Agora só van ficar 5.000, facendo as manobras normais do exército. Dende agora, a Policía de Irlanda do Norte vai ser o único corpo responsábel da seguridade cidadá na zona.
Viva Irlanda e aos invasores adeus adeus... é o único que se lles pode dicir. Agora só falta que Irlanda volva estar unida e sexa por fin completamente libre.
O mapa está bem, mas é confuso. Estão em verde os condados do Ulster, mas só os demarcados na linha cinza mais grossa estão ocupados pelo Reino Unido.
A ver se lemos os pés de foto...
Um passo mais para umha Irlanda unida.
United Èire!!
Tiocfaidh àr là!!
Parabéns aos irlandeses, despois de case trinta anos de ocupación británica comezan a ve-la luz, agora o seguinte paso, a independencia e a reunificación total de Èire.
Go at home british soldiers, go at home !!
Agg..O exército británico não "marcha", vai-se, do Ulster. Marchou, sim, e marcham os orangistas ainda, mas mal assunto se o exército "marchasse" ;)
Parabéns, parabéns ao povo irlandês. Vai-se o exercito de ocupação mas fica ainda o british rule. Viva Irlanda livre. Viva o Sinn Féin !!