Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
Irmandado co Museo da Emigración e a Biblioteca Galega

Nace o Centro de Investigación Ramón Suárez Picallo en Bos Aires

A Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina creouno este 6 de xullo, para impulsar, coordinar e vincular investigacións relacionadas coa emigración.

Redacción - 12:00 31/07/2007

Intégrao un grupo de investigadores de varias disciplinas (historia, socioloxía, comunicación, literatura, economía e biblioteconomía), e a partir das súas propostas de tarefas, servirá para promover e canalizar estes traballos. "Non tentará dirixir, censurar ou limitar a tarefa científica dos seus asociados ou dos investigadores, senón que só actuará como un nexo coordinante que permita potenciar a información, a accesibilidade e as posibilidades reais de traballo", afirma a Federación en nota de prensa.

Xorde no seo da Federación, irmandado co Museo da Emigración Galega na Arxentina (MEGA), que supervisará as súas tarefas de arquivo desde a área de conservación, e a acabada de nacer Biblioteca Galega de Bos Aires, á que terán acceso os seus membros en calidade de investigadores titulares. Prevé editar un boletín en que os participantes poidan publicar os seus informes, resumos, relatorios ou traballos de maior envergadura.

O nome escolleito para este centro foi o de Ramón Suárez Picallo, emigrante e destacado membro da institución, home de esquerda, exiliado e loitador. Non foi un intelectual de formación universitaria, senón que medrou na loita do seu tempo, cando os obreiros roubaban horas ao sono para se ilustrar.

O equipo

Coordínao o escritor Hernán Díaz, e sumáronse á iniciativa María Rosa Lojo, Nadia De Cristóforis, Débora Campos, Andrea Cobas, Marina Guidotti, Laura Fasano, Patricio Cóccaro, Analía Álvarez, Cristina Diéguez, Mariana Beheran, Jesús Castreje, Jerónimo Boragina, Lucas González, Gustavo Dorado, Ernesto Sommaro e Fabián Mazzitellio. Xa se pode contactar co centro a través do enderezo centrosuarezpicallo@gmail.com.


5/5 (6 votos)


Comentarios (1)

CGB #1 14/Febreiro/2008 CGB
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi ben. Hai que impulsar o coñecemento da nosa EMIGRACIÓN nas terras arxentinas e nesta tarefa son os descendentes os que agora teñen a responsabilidade.Galicia é parte da sociedade arxentina desde xa a Revolución de Maio de 1810 (alí estaba o "gayego" Pazo convertido en Paso,polo seseo)e o primeiro presidente da nova república independenete era fillo de Galicia. Unha primeira proposta informativa para o Centro de Investigación RAMÓN SUÁREZ PICALLO (ben bautizado co nome do egrexio sadense)sería a comunicación aos arxentinos de que Bernardino Rivadavia era RIBADAVIA (explicando que a orixe do apelido está na beira do río Avia). Noraboa...e a traballar!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: