Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Após a morte de Bergman

Morre aos 94 anos o director italiano de cinema Michelangelo Antonioni

Despois de que na segunda feira se soubese da morte de Ingmar Bergman, na mañá da terza a familia de Michelangelo Antonioni comunicaba a súa morte aos medios.

Redacción - 12:23 31/07/2007
Michelangelo Antonioni

Michelangelo Antonioni

Antonioni morreu na tarde da terza feira na súa casa de Roma, onde moraba coa súa dona, Enrica Fico. O cineasta xa había tempo que pasaba traballos para facer unha vida normal, dende que sufrira unha parálise cerebral en 1985.

O enterro vaise celebrar na quinta feira, na vila de Ferrara, ao norte do país, onde naceu o realizador o 29 de setembro de 1912.

De entre os seus filmes destacan Blow-up, -premiada en Cannes en 1967, e baseada nun relato de Cortázar-, Crónica dun amor (1950); A Aventura, en 1960; A noite, 1961; e O eclipse, en 1962, que foi interpretada por Monica Vitti, a súa actriz de cabeceira, a súa compañeira e a súa musa durante un decenio.

Antonioni foi antes que cineasta, crítico , para despois estudar no Centro Experimental do Cine (Cinecittà) e colaborar no Estudo Cine, ámbolos dous centros culturais de resistencia contra o fascismo.

A homenaxe do cinema italiano e internacional chegoulle aos 90 anos, mais estes catro que lle quedaron pasounos moi limitado fisica e mentalmente, pola súa parálise que o tiña agochado na súa residencia, fuxindo na pintura. Aínda expuxo algo do feito nestes anos o pasado ano en Roma.

Velaquí un pedaciño de Blow-up:


0/5 (0 votos)

Novas relacionadas


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: