E tamén para planificar dende o país as dúas principais necesidades, Industria vai impor un recurso de inconstitucionalidade contra esta lei.
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, confirmou hoxe que o Goberno Galego pretende interpor un recurso de inconstitucionalidade contra a lei do sector eléctrico por "entender que invade as competencias" galegas e por considerar que é importante "planificar as necesidades galegas e os seus prazos" dende o país.
Blanco quixo salientar que para o seu departamento é esencial que se executen os proxectos, máis que se fagan no prazo, e lembrou que na xuntanza mantida este mes co ministro de Industria, Joan Clos, xa lle manifestou a conveniencia de "axilizar" liñas e gasodutos en Galiza.
Tamén dixo Blanco que non teme que a presentación deste recurso vaia atrasar máis as obras, senón, pola contra, agarda que vaian con máis présa.
A Nova lei española do sector eléctrico
Esta nova norma traspasa ás comunidades a potestade de autorizar e controlar os futuros proxectos das liñas secundarias (até 220 quilovoltios) e todos os equipamentos inferiores aos 50 megavatios de potencia. Tamén di que as obras da rede primaria (superior aos 380 quilovoltios) e das secundarias que afecten a máis dun país ou polo menos a dúas comunidades autónomas seguirán sendo autorizadas e xestionadas polo goberno español.