Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Vaise o último coruñés do Depor

O Real Club Deportivo da...?

O Dépor queda, por primeira vez na súa historia, sen un só coruñés no cadro de xogadores, após a marcha de Iago Iglesias.

Redacción - 11:27 01/08/2007
Iago Iglesias Castro

Iago Iglesias Castro

Terminou a tolería do período estival de fichaxes, no que os clubes de fútbol de Primeira gastaron á volta de 308 millóns de euros, a cantidade máis alta dende hai seis tempadas.

O Depor tamén fixo as súas propias fichaxes... e terminou por perder o único xogador que lles quedaba da Coruña. Após a marcha de Iago Iglesias, é a primeira vez na súa historia que o equipo da cidade herculina non ten ningún coruñés nas súas filas.

Lotina deixou fóra, dunha soa vez, a Momo, Jairo, Antonio Tomás e a Iago Iglesias, quen perdía a oportunidade que lle deran en 2005, tras a retirada de Fran, un dos míticos do Depor. O Mozo do Birloque tiña esperanzas de quedar cun lugar propio no primeiro equipo e de manter a tradición en Riazor, mais coa súa marcha, vese claramente o pouquiño que lle fica de romántico ao fútbol, e o que tiran os cartos, que van uns quilómetros por diante dos sentimentos futboleiros.

Unha marcha anunciada
Dende que chegou, Iglesias conectou coas bancadas coruñesas, das que se erguera había ben pouco, para saltar ao terreo de xogo. Iago Iglesias comezou a xogar no Gaiteira e despois no Calasanz, soñando con vestir algún día a camisola do seu equipo de primeira favorito: a branca e azul.

Caparrós xa lle tiña aconsellado o verán pasado que comezase a procurar unha cesión, porque non o quería no seu equipo e após múltipas ofertas, sobre todo de equipos canarios, a presión popular fixo que Iago ficase un ano máis, mais sen contar co favor do adestrador. En todo o ano só xogou 264 minutos e marcou dous goles, algúns máis que outros xogadores que si fican no Depor esta tempada.


4,67/5 (3 votos)


Comentarios (6)

Anxo #1 1/Agosto/2007 Anxo

Cando algunha xente se dará conta de que os equipos de fútbol, xa non son clubes, senón Sociedades Anónimas, polo tanto Empresas, e estas como as demáis buscan rendementos económicos, xa sexa a nivel publicidade, con fichaxes que lles movan os productos de mercadotécnia, ou ben polos ingresos pola venda de dereitos televisivos, etc., polo que ese romanticismo de clubes con xente que preparaba a canteira, queda xa moi lonxe e incluso algún que outro clube como o At. de Bilbao, incluso as veces se cuestionan se mudar.

angarati #2 1/Agosto/2007 angarati

E no Depor B cantos coruñeses hai? Poucos

mceleiro #3 1/Agosto/2007 mceleiro

Panem et circenses, comida-lixo e futebol

carlinhos21287 #4 1/Agosto/2007 carlinhos21287

agora que non teñen coruñes ningun, xa poden dicir que son o "deportivo de la coruña...."

Tino #5 3/Agosto/2007 Tino

ou mellor ainda, o Deportivo de la CUEruña, pois coruña ainda soa moi galego.
E se me apuras q o cambien polo inglés LA CORUNNA.

ppSoe #6 3/Agosto/2007 ppSoe

Son deportivista.
Vivo lonxe da Coruña e, por qué non dicilo, do fútbol, pero non tanto como pra non parar sempre que podo na páxina de deportes dos xornais ollar qué pasa co meu equipo.

Feita a presentación...
- o Deportivo sí é unha empresa, una sociedade anónima, pero ben que se ten vendido coma embaixador da Coruña, atracción pro turismo e parte da historia da cidade.
- o Deportivo está dirixido por un home de empresa, compañeiro de colexio con Paco Vázquez e, coma éste, de dereitas.
- o Deportivo, inda hoxe en día, non é o Deportivo da Coruña, é o Deportivo "de la Coruña".

Así que,
- coma empresa, ten que traballar o marketing, e igual que fai o Barça (non xa o Bilbao), ten que ollar pra xente que enche as gradas e que disfruta tendo GALEGOS no campo. Lémbrovos que Fran non é coruñés (se dicides que é da provincia, mándovos a paseo xa que eu non creo en divisións administrativas pra adicar amores, pra mín só hai unha provincia e unha nazón: Galiza).
- Lenduero (copio a coña da castanización), coma o seu compañeiro nas aulas, sendo de dereitas en Galiza, arrímase ó poder, polo que é españolista, co que pra el non existe a figura "galego", só a figura "español", e coido que ó equipo das Nacións Unidas (coma lle teñen chamado por ahí adiante) algún español lle queda.
- O deportivismo e o celtismo, se contasen cunha dirección coma a do Barça, envidia me da, cun presidente declarado catalanista e vinculado a CIU, serían dúas importantes fontes de prestixio para un sentimento, o galeguismo, moi asoballado nas dúas cidades.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: