Os novos propietarios do grupo inmobiliario aseguran que polo de agora o traslado só lle afecta a medio cento de directivos. Prometen ademais que non haberá despedimentos "masivos".
"Dende o punto de vista da carga de traballo, volume de emprego e sede, non se debe variar o que comprometeu Fadesa no seu día", explicou o presidente da Xunta este mércores. Emilio Pérez Touriño revelou que os novos propietarios, Martinsa, comunicaron que de momento a parte operativa de Fadesa segue na Coruña.
"Non haberá traslados forzosos nin expedientes de regulación de emprego", afirmou, recoñecendo con todo que a empresa xa avanzou que até medio cento de persoas integrantes do equipo directivo deberán trasladar a súa residencia da cidade herculina a Madrid. Así e todo, Touriño recoñeceu a "preocupación" do Goberno pola estratexia da empresa cara ao futuro.
Os sindicatos lamentan o "desmantelamento" da empresa
Desde a CIG lembran que o inicio do presunto "desmantelamento" de Fadesa coincide co primeiro proceso electoral que debería finalizar coas votacións ao comité de empresa o próximo día 5 de setembro. Por iso, piden que se respecte o proceso "antes de tomar ningunha medida que lle poida afectar ao cadro de traballadores", de xeito que o comité de empresa poida ter voz nas futuras negociacións.
Por outra parte, o sindicato cualificou de "hipócritas e oportunistas" as declaracións do alcalde da Coruña, Xavier Losada, quen comentara que a venda da inmobiliaria supuña "unha boa noticia para A Coruña e Galiza". Así, pídenlle ao rexedor coruñés "a máxima firmeza" na defensa dos postos de traballo de Fadesa "no noso país".
As “leis do mercado” non xustifican a perda de centos de postos de traballo. Se só foran elas, e non decisions de poder entre os sectores da burguesía e o capital, Astano non tería prohibido pola UE e o goberno ZP construir barcos, ou Fenosa non fora absorvida por unha empresa inferior en tamaño, ou Leyma non fora vendida a outra tamen menor. Tampouco unha 80 veces menor mercaría Fadesa. As “leis do mercado” só explican alguns casos, non todos.
E en todos eles, a Xunta actuou, e actúa, de comadrona das compras, e logo dos despidos, que coas súas palabras tenta suavizar o que na loxica do capital é inevitabel, a deslocalizacion e a perda de postos de traballo, evitando, porén, a única saída, a resposta social.
A Xunta de Fernandez Albor permitiu a venda de Fenosa, a de Fraga a de Leyma e a bipartita a de Fadesa e Calvo. Porque veña o capital que veña, sexa galego ou foraneo, a ameaza é concreta: perda de postos de traballo.
A Xunta do PSOE BNG non pode actuar nestos casos como o fixeron as do PP, de facilitar a entrada de capital privado, ou a venda no pior dos casos, nunhas empresas para adecuar os cadros de persoal, e dicer, despedir ou destruir postos de traballo fixos, para sustitulos por contratos precarios, que é o que vai facer Martinsa en Fadesa.
As promesas dos empresarios de manter sedes sociais, “o carácter galego” das mesmas, etc., son “brindis o sol”; as experiencias de Fenosas, Leyma, Larsa, etc., o demostran: o final do camiño imponse a rendabilidade da empresa, e quen pagan son os traballadores cos seus postos de traballo.
Por isto, a Xunta non pode falar da confianza en novos patrons, e ten que adoptar todas as medidas encamiñadas a defensa do traballo, chegando a expropiación e nacionalizacion das empresas. Calquer outro camiño só é enganar os traballadores con promesas e “brindis o sol” que nunca se cumpliran. É máis, a política da Xunta, de abrir negociacions coa empresa privada para resolver os problemas deu a patronal o camiño para presionala, “ou teño facilidades para expandirme, ou vendo” (Leite Rio).
Ha outra maneira de enfrontar os problemas, baixo o criterio da defensa de todos os postos; non son unhas empresas rentables que dan beneficios?, pois é inmoral a súa entrega a outros empresarios privados para a súa explotacion e beneficio privado: ca Xunta se faga cargo delas.