Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Pedreira, Galego e Rábade

Nordestin@s avanza na súa difusión internacional

Un tema do grupo aparecerá nunha publicación estadounidense, e outro forma parte dun libro-disco dunha editorial portuguesa.

Redacción - 18:37 02/08/2007
Nordestin@s

Nordestin@s

Un tema de Nordestin@s, proxecto formado por Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, vaise distribuír por todo o mundo a través da revista Global Rhythm. A publicación neoiorquina, que cumpre quince anos dende a súa saída aos quioscos, repartirá este mes de agosto un CD onde se inclúe Ari Ari, do trío galego.

Outra das composicións de Nordestin@s, Romaxe a Santo Andrés, formará parte do libro-disco Mediterráneo, publicado pola editora portuguesa Difference Music. Ademais, o álbum do grupo pódese adquirir dende desta semana na rede a través das principais plataformas. A versión inclúe un tema extra, Se ti queres, que non aparece na versión física do disco.

Esta foi a súa interpretación de Non sei na sala Clamores de Madrid, o pasado mes de maio:


4,75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: