Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Vetan o acordo de PSN con Na-Bai

O PSOE decide facilitar o goberno en minoría de UPN

O secretario de Organización do PSOE, Xosé Blanco, anunciou este venres a decisión da executiva do partido, contraria á vontade dos socialistas navarros.

Redacción - 14:15 03/08/2007

"Non se dan as condicións suficientes para o acordo", xustificou Blanco ao anunciar o que decidira a executiva federal do seu partido. Así, o PSOE vaille ordear ao Partido Socialista Navarro que se absteña na votación para a escolla de presidente e quede na oposición, facilitando o goberno en minoría de Unión del Pueblo Navarro, a marca en Nafarroa do PP.

Blanco recoñeceu que o PSN "non comparte a decisión", pero asegurou que o PSOE ten a garantía de que a van asumir. Ao respecto do goberno do PP que os socialistas permitirán, Blanco asegurou que "non se trata de darlle un cheque en branco a ninguén" e advertiulle ao líder de UPN, Miguel Sanz, que terá que "gañar a confianza". "Temos un obxectivo para esta lexislatura que é, desde a oposición útil e responsábel, apostar polo entendemento de todos os navarros, á marxe de ideoloxía e identidades".


2.6/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: