Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Dez temas escollidos

Fase final de A Polo Ghit!

O certame para escoller o ghit do verán rematará o 18 de agosto, cando se coñecerán o gañador do premio e mais o premio do público.

Redacción - 12:45 04/08/2007

O concurso organizado por Vieiros e mais a Radio Galega para descubrir a canción do verán galega entra na súa fase final. Este sábado fixéronse públicos os dez finalistas de A Polo Ghit! 2007, que decidiron os catro membros do xurado: Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos.

Os afortunados finalistas son, por orde alfabética: Bikos from Madeira, de Snatch; Biocultivos, de Sacha na horta; Guachin in the sky, de Chupadeskay; Mira como canta, de Pandeiromus; 8 que 80, de Kogito; O son do Son, de Mordecáns; Pinguinha, de Amacuca; Ti es de aquí ou viñeches á festa, de Magín Blanco; Tranquilo, viejo, de Jabón Blue, e Verbenero, d’Os Forfiestas.

Xa están abertas ás votacións entre os dez escollidos na web de A Polo Ghit! Tamén se poden seguir escoitando e descargando os outros 42 temas que se presentaron ao concurso. Como xa pasara coa escolla dos finalistas, o xurado terá en conta a decisión dos internautas, que tamén servirá para desfacer posíbeis empates.

A canción gañadora do concurso coñecerase o 18 de agosto. As votacións do público tamén servirán para escoller -no caso de que non coincidan coa do xurado- o recoñecemento moral de canción máis popular.


2.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: