Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ás portas das eleccións parlamentarias

En Marrocos segue o secuestro de publicacións críticas coa monarquía

Danos á "moral pública" e presunta "falta de respecto" ao rei Mohamed VI foron motivo das accións do goberno marroquí contra dúas revistas.

Redacción - 09:30 06/08/2007

Apenas uns días despois do discurso anual de Mohamed VI, onde o monarca realizaba chamadas ao avance democrático do país, e poucas semanas antes dos comicios do 7 de setembro, a realidade cotiá daquel país trae exemplo de novas accións contra publicacións xornalísticas.

Durante a fin de semana o director da revista Tel Quel foi interrogado pola policía no seu fogar na capital marroquí, segundo comunicou o propio Ministerio do Interior. A publicación ironizara sobre a utilidade da convocatoria electoral nun país onde o poder último está nas mans da monarquía.


5/5 (1 votos)


Comentarios (2)

ulo #1 6/Agosto/2007 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E logo falan de "choque de civilizacions". En Marrocos como en España, a liberdade de expresion ten moitos limites, e principal, unha institucion que ninguen votou (nin botou). A democracia posta en cuestion por institucions antidemocráticas.
O fin é o cabo, Juan Carlos I en Mohamed VI son bós amigos.

ecoe #2 6/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O mesmísimo que a "democracia" bourbónica acaba de facer da man das suas máis outas institucións (e fixo hai ben pouco con periódicos en Euskalherría.

Coinciden moi ben facendo o mesmo e fan un pleno paralelismo. Sempre achéi moitas coincidencias con Marrocos, Turquía e iSSrael.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: