Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nas Xornadas Internacionais de Corti deste ano

As forzas independentistas corsas presentan un novo proxecto común

Conta co impulso da CNI, principal forza nacionalista do país, e co apoio da organización clandestina FLNC-UC.

Redacción - 12:00 06/08/2007
Antigo cartaz das xornadas

Antigo cartaz das xornadas

O principal movemento nacionalista corso, Corsica Nazione Indipendente (CNI), presentou este domingo xunto coa maior parte das forzas políticas independentistas do país un proxecto político común que pretende ser unha "base de negociación" co Estado francés.

O anuncio deste novo "bloque independentista", que conta co auspicio dunha das principais organizacións clandestinas corsas, FLNC-UC, produciuse no transcurso das Ghjurnate Internaziunale de Corti (o encontro anual do nacionalismo corso na céntrica vila do país) que tiveron lugar a pasada fin de semana.

O proxecto supón a fin da coalición Unita-Naziunale, formada por autonomistas e nacionalistas para concorrer ás eleccións de 2004 malia as súas diverxencias ao respecto da loita armada. Precisamente, este apoio dos independentistas do CNI ás organizacións clandestinas foi a causa da ausencia dos autonomistas do PNC e de A Chjama Naziunale nas xornadas de Corti.

Dereitos das nacións sen Estado

Por outra banda, na primeira das xornadas do encontro anual de Corti, presentouse unha proposta asinada por partidos nacionalistas de toda Europa para solicitarlle á Eurocámara o recoñecemento dos dereitos das nacións históricas sen Estado.

A moción común, apoiada por forzas independentistas e autonomistas, presentarase oficialmente o vindeiro mes de setembro en Bruxelas para "facer valer ante o Parlamento Europeo os nosos dereitos", sinalou o deputado do parlamento de Sardeña Gabinu Sale.

"Hai preto de trinta millóns de cidadáns en Europa que por un problema grave de democracia están privados do seu dereito á autodeterminación", engadiu Sale.


4,92/5 (12 votos)

Comentarios (22)

O_Castrexo #1 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mira ti estes falantes de italiano que pertencen a Francia...

Haberá reintegracionistas?
Haberá unha filia anormal e inexplicable cara todo o italiano?
Haberá unha revista Corsicaitalia?

... ou serán isolinos e independentistas?

Hahaha... xa calo, xa calo

Wagneriano #2 6/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E isto, a que vem? Deverias começar por ler um livrinho editado em catalám titulado ITALIA NO EXISTEIX antes de tanta diarreia mental contra a ortografia galega. Ademais, ler desenvolve os miolos e prevém o Alzheimer.

O_Castrexo #3 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En que? En "catalán"? Quixeches dicir occitano meridional, non si? Ou es partidario da segregación lingüística do occitano? Pfff... estes reintegracionistas son uns incoherentes.

En galego dise "diarrea". O triptongo "eia" non existe no noso territorio. A ver cando nos enteramos de que non é o mesmo "porta" que "puerta" e deixamos a morfoloxía do idioma tranquila.

Wagneriano #4 6/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Está claro que nom o leche, e assim o exprimes às claras no teu latim meridional castrado.
O resto é o de sempre: cu bem aberto às teorias espanholas e pouca viagem pola Galiza, nulo conhecimento do nosso passado lingüístico e umas fatias de demagogia e de areia nos olhos para dissimular o nosso analfabetismo funcional.

O_Castrexo #5 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Claro que non o lin. Existen moitos libros no mundo. Sería bastante complicado ter lido os mesmos libros ca ti.

O cu ben aberto non ás teorías españolas senón a visión crítica da situación lingüística do noso país. Outros tragades todo o que se vos di nese portal por sistema sen ningún tipo de visión crítica.

"analfabetismo funcional."

Como se do analfabetismo funcional fosemos culpables os defensores do ILG-RAG... imos atopar a solución a ese problema co reintegracionismo? A elaboradísima ortografía reintegracionista vai axudar a solucionalo? ou vai ser a lusofonía a que escriba o galego por nós?

Wagneriano #6 6/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois le-o, meu, e assim nom diremos essas parvadas sobre "o italiano".
Visom crítica será para as teorias que defendem a correcta escrita do idioma: para os constructos teóricos e a ideologia espanhola...crítica zero, estilo Méndez ferrín, mais ou menos.
Do portal leio as notícias como também as leio aqui.. e som reintegracionsita desde hai 20 anos, muito antes do portal esse existir.
Os defensores (belicistas) do alego castrado sodes cúmplices de muita canalhada, do terrorismo que se tem praticado e pratica contra os defensores da escrita correcta (terrorismo económico, intelectual, e como nom psicológico, este todos o conhecemos um pouco quando queremos escrever galego). Parafraseando o que Castelão lhe dixera a Salazar: "sodes algo piores do que analfabetos, sodes cúmplices dos que afundem a Galiza na estrumeira mental e moral do muladar espanhol".

O_Castrexo #7 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O terrorismo intelectual e psicolóxico practicádelo vós coas iniciativas de emporcar os sinais de tráfico de xeito unilateral co voso estándar ortográfico.

Wagneriano #8 6/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mmmm, já temos à tigela (frigideira) dando lições de limpeza à panela...os que deturpam a toponímia mas com limpeza sentem-se superiores aos que a escrevem bem, embora com os meios ao seu alcance. Enfim, é claro que cadaquém atiza o lume para as suas sardinhas, e que à sombra do poder está-se fresquinho, nom si?

O_Castrexo #9 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Estase. Si.

guillerme #10 6/Agosto/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sinceramente, non entendo a ningunha das dúas posturas; mentras nós discutimos sobre pallas mentais (e sobre cousas que só terían importancia nunha patria libre) os corsos achéganse un pouco máis á independencia, os vascos están cada vez máis preto. Mentras os países como Catalunya e Euskal Herria teñen movementos nacionais potentísimos aquí seguimos pensando en tonterías. Volvamos á coherencia e cando logremos o obxectivo de toda nación sen Estado despois discutiremos e probaremos as diferentes fórmulas. Se nós non nos mantemos totalmente unidos veremos como outros se independizan (Montenegro) e nós seguiremos discutindo sobre cousas vanais tal e como está a situación (señores non olvidemos que seguimos invadidos e o avance do independentismo non é moi forte). Por todo isto pido UNIDADE.

Wagneriano #11 6/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Correcto, cese pois os hostigamento, a discriminaçom e a calúnia e a mentira sobre o chamado reintegracionismo...nom serei eu quem de fazer dele uma condiçom sine qua non sempre e quando se me respeite e nom se me venha com parvoíces de 1º da ESO

O_Castrexo #12 6/Agosto/2007 O_Castrexo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Respéctase moito ao chamado isolacionismo coas pintadas nos sinais de tráfico... si. Non sei quen se comportará como rapaces de 1º da ESO...

Wagneriano #13 7/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A anormalidade é sempre anormalidade; a ditadura económica do isolacionismo sobre editoras,e scritores, etc é uma merda muito mais asquerosa que essas mas estás bem caladinho sobre o tema. Todo o que seja corrigir uma situaçom de anormalidade seja bem-vindo...ainda que lhes doa aos partidários da boa ordem burguesa.

alexinho #14 7/Agosto/2007 alexinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

como guillerme sinala. centrádevos no que vos une: o galego.

afonsoriscos #15 7/Agosto/2007 afonsoriscos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

teñen razón guillerme e alexinho, máis cando non andan a insultar danche bos debates estes dous, aprendo moito, dos dous, sería interesante un debate serio sobre o tema máis con respecto e sen insultos.

Gaviotero #16 7/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Italia no existe, dice uno...Claro, ni España, ni Francia...son todo imaginaciones colectivas de quienes no vemos la REALIDAD, que son unos cuantos piraos que se inventan pueblos y naciones de la nada pero que se creen poseedores de la verdad.

Anda y que os den...

Wagneriano #17 7/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

El problema de Cataluña se soluciona enviando para allí la mierda del resto de España (Miguel Primo de Rivera).
No entanto, alguns estám instalados em Galiza, polo que poda pasar.
Itália, Espanha e França som estados construídos artificialmente e sobre os túmulos e os intentos de assassinato de outros povos e nações com identidade própria. O Gaviotero voa alto, no meio do pestilente cheiro que emana das cabeças do intelectualismo espanhol.

Gaviotero #18 8/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Jajaja! ¿España, Italia y Francia construidos artificialmente? Claro, y la Galicia de Castelao, esa de la "doma y casta" que es pura invención del mediocre de Rianxo, o la Euskal Herria de Sabino Arana o los Paisos Catalonios de yo quién coño sé...esas son realidades milenarias, ¿no?

Pero hay una conspiración mundial que hace que todos creamos que la realidad es exactamente al revés...

¡Jajaja! ¿Pero es que no os dais cuenta del ridículo regional, nacional e internacional que hacéis con semejantes afirmaciones?

El intelectualismo español al que te refieres tiene ideas, al menos. Aún estoy esperando alguien con una idea en el intelectualismo gallego, si es que este existe y va más allá del totalitarismo naci.

Wagneriano #19 9/Agosto/2007 Wagneriano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que troll tam ridículo; escreve, escreve que cada intervençom tua som uns quantos nacionalistas galegos mais. Que razom tinha esse Arana que tu citas quando falava da depravaçom mental e moral dos espanhóis. Quanto ao seu intelectualismo, este é o seu maior logro:
El problema de Cataluña se soluciona enviando para allí la mierda del resto de España (Miguel Primo de Rivera).

teixugo #20 9/Agosto/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Senhor Plumas gosta de, se voçês prestam atenção, deixar sempre o último comentario ao final de cada notícia, não só quere quedar por cima como o azeite, senão que pretende tambem encher-se de ração...
Como já disse, NINHADA DE RATOS!!!!!
NINHADA DE RATOS!!!!!!!!

OBSERVADOR #21 9/Agosto/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Gaivota é uma profissional. Não há que tomá-la muito a sério.

Sobre as FORÇAS INDEPENDENTISTAS CORSAS APRESENTAM... EM COMUM. Assim deviam fazer na Galiza.

xacataca #22 9/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Obrigado por retomares o tema, OBSERVADOR.

Coido que é significativa e esperanzadora a nova iniciativa Causa Galiza, sobre todo por que deixa fóra do debate inmediato unha cuestión que sempre rouba, roubou e -por desgraza- roubará por sempre moitas das enerxías dos implicados co nacionalismo/independentismo: A NORMA ORTOGRÁFICA ESTÁNDAR QUE DEBE REXER A NOSA LINGUA.

Forza compañeiros. Castrexos e wagnerianos. Non caer no desánimo. A independencia é posíbel.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete