A Cidade da Cultura tamén sería escenario dun cumio de xefes de Estado iberoamericanos, segundo explicaron o ministro de Cultura, César Antonio Molina, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
"Será unha magnífica oportunidade para que a Cidade da Cultura se estree ofrecéndose como ponte efectiva" entre as dúas beiras do Atlántico, coincidiron Molina e Pérez Touriño, durante a primeira visita oficial do ministro a Galiza desde que chegou ao cargo.
O presidente da Xunta explicou que o goberno español proxectou a súa colaboración co proxecto da Cidade da Cultura arredor dese obxectivo. "Hai unha orientación xeral marcada polo presidente do Goberno de España para que sexa unha plataforma, un elemento de relación entre dous mundos atlánticos, dúas culturas: Iberoamérica e Europa", afirmou Touriño.
A recomendación xa fora expresada polo presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, durante a súa visita a Galiza o pasado mes de febreiro, cando relacionou a posibilidade de asumir como "proxecto de Estado" a iniciativa do Gaiás entanto que este servise de "enlace cultural con Iberoamérica". Daquela mesmo falaron da posibilidade de crear unha comisión conxunta da Xunta cos ministerios de Cultura e Exteriores.
Non sería ponte algunha senón alicerce eficaz e firme como parte da capital do Pequeno Imperio, non outra que a mesmísima Washigton. Coido que Cesar Antonio e mais o Sr. Torito acertaron ben de cheo na elección e no significado, especialmente na significación da "Cidade da Cultura" como proxecto de (€$)tado, do €$tado €$pañol, o único existente no Pequeno (eu mais ben calificaríao de CATIVO) Imperio.
Os galegos ben servimos na historia como recaudadores de divisas para o €$tado €$pañol se dotar de p.e. de metro ata o mesmísimo Barajas, namentres aquí tardamos -se conseguimos eludir os atrancos da factura xenética institucional en forma de trazados ou curvas- ben de horas en achegarnos a Guitiriz, Muiños, Bares ou calqueira outro lugar galego, ou mesmo atravesar Pontevedra só ou, ó tempo, ir a Vigo ademáis, p.e.
Xa sei que nos mandaron a AVE de mal agoiro esa para achegarnos moito máis prestamente á EMIGRACIÓN, é xusto recoñecelo, namentres así facilítanse os itinerarios de exércitos e polícias, mercancías e fuxida e destrozo de recursos. Neso consistía o Lei do Territorio que nos prometeron a Xunta a duas mans tras das queimas do ano derradeiro.
Alá quenes algo esperen.
O goberno galego debe deixarse de tanto peloteo e tanta dependencia de España e comezar a pensar por si mesmo. Acaso o Guggenheim é un proxecto e mostra española? A resposta é non, forma parte de Euskadi e así é visto a nivel mundial; os galegos debemos buscarlle a utilidade á Cidade da Cultura e esa non debe ser a que queira España (non debe servir para que Zapatero se reúna cos seus amigos...) senón que debe ser unha representación de Galiza e se cren que debe servir para reunións debe ser reunións de Galiza con outros países.
As pontes que Galiza tem que abrir som, principalmente, tanto com o resto de países da Lusofonia (aqui o factor económico é também fundamental) quanto celtas.
Aliás, que uma colónia comemore a independência de outras colónias do braço duma das velhas "metrópoles" não faz sentido.
A medida que se coñecen "cousas" da Cidade da Cultura, sorprende comprobar as mudanzas argumentais dalgúns nacionalistas galegos con ou sen Estatuto. O que hai anos era un mausoleo fraguiano, agora, nas coidadas e ciclistas mans da señora Bugallo, é unha aposta por colocar a Galiza no mundo, etc., iso sí, sen aparecer no Parlamento a dar explicacións. A señora Conselleira convocou un concurso de ideas paniaguadas para que Reixa e outros patriotas máis regurxitaran propostas sobre a Cidade da Cultura, reunión que produciu un bonito documento que custou algo así como máis de 200.000 pesetas a páxina e no que non aparecía ren sobre a posibilidade de converter algún espazo do complexo do Gaiás en un super de cousas iberoamericanas, pois iso foi invento de Torito.
Se Manolo Fraga e máis o xefe rexional do Movemento, camarada Pérez Varela, foron os que nos meteron neste lío, haberá que recoñecer, caros patriotas galegos, que a feliz idea de continuar coa tolería da Cidade da Cultura corresponde-ll en exclusiva ao gogerno de Progreso, banda da que forma parte o BNG.
Como ben sendo habitual nos últimos telediarios e nas páxinas do seminario patriótico A Nosa Terra, semella que as decisións que toma o executivo autonomista galego non son realmente súas, senón máis ben doutras forzas políticas ou doutros governos e, naturaca, as consecuencias tampouco son achacabeis. Non acerto a saber cánto tempo durará este desdoblamento de personalidade con micas de auto-odio, mais deixo constancia aquí do meu parecer.