Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"Desigual" seguemento do plan

Suárez Canal túrralles das orellas aos concellos que non limpan os montes

Até 9 millóns de euros destinou Medio Rural para estas tarefas en preto de 200 concellos con zonas de especial risco de lume.

Redacción - 09:30 07/08/2007

"A resposta foi desigual", recoñeceu este luns o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, admitindo o irregular cumprimento a pé dalgúns municipios do proxecto de limpeza de montes en áreas de especial risco de incendios e fixar franxas de protección de núcleos próximos ao bosque.

O conselleiro lembrou o elevado investimento realizado polo Goberno en axudas aos propios municipios para o despregue destas tarefas de limpeza e avaliou que mentres nalgúns lugares o traballo se fixo "con profundidade", noutros na altura de finais de xullo aínda non remataran. Así e todo, Suárez Canal evitou relacionar o seguimento coa cor política dos concellos e atribuíulle o déficit a ser o primeiro ano no que se pon en marcha "unha medida nova que precisa tempo para ir consolidándose".

Por outra parte, e durante a presentación dunha ducia de novas motobombas destinadas aos equipos anti-incendios, asegurou que Galiza "está bastante mellor preparada" para enfrontar unha vaga de lumes e salientou os avances lexislativos, en medios e profesionalidade. Por outro lado, avanzou que se retirou dos montes arredor do 85% da madeira calcinada o verán pasado.


4.2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: