Esa superficie será superada coa ampliación das plantas de Serás e Couso e coa construción da de Corgo-Laxe, a máis grande de Galiza.
"Os veciños e os ecoloxistas non imos tolerar que os intereses dunha empresa privada estean por riba do interese xeral na conservación do ambiente e do dereito do pobo de Corrubedo a aproveitar de xeito racional e sustentábel os recursos naturais deste espazo", expoñen desde a Plataforma Medioambiental de Corrubedo e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza.
Os colectivos quéixanse de que logo do apoio dos veciños á "preservación dun dos espazos emblemáticos" da diversidade natural galega, agora a administración vai "premiarlles" cunha instalación que cualifican de inaxeitada. Trátase do macroparque acuícola de Corgo-Laxe Brava, que con 308 mil m2 será o maior do país. Está nunha zona de costa "practicamente virxe" e que na opinión dos ecoloxistas merecería formar parte do Complexo Húmido de Corrubedo. Á beira, critican a autorización de Pesca para a ampliación das piscifactorías de Seráns, 115 mil m2 e Couso, 55 mil m2.
Para quenes defenden que o millor é participar e que ademáis, temos un goberno de progreso, ahí teñen unha achega máis do bng/psoe como axente destructor do territorio e, de esguello, do dinamitado do noso país.
Dá a impresión de que o PsdG e o BNG posicionáronse contra a piscifactoría que Pescanova ía a poñer en Touriñán só para levarlle a contraria ao PP, porque agora eles están a esnaquizar a costa galega, de norte a sur con piscifactorías a mansalva sen o menor pudor.
Creo que os galegos merecemos algo máis do que nos están a ofrecer os partidos políticos que nos governaron hai anos e nos governan agora. Está claro que desfacendo o noso medio natural, tan nefastos son uns coma outros.
D. Manuel+ D. Anxo+ D. Emilio = desfeita medioambiental.
Os veciños tampouco estamos pola labor de deixar que nos esnaquicen a costa a maior gloria da conta de resultados de Isidro de la Cal. Loitaremos ata o final para deter este saqueo perpetrado por este pretendido goberno de esquerdas.
NON Ó EXPOLIO ACUICOLA DE CORRUBEDO.
Os cazadores negocian un seguro que cubra os accidentes de tráfico con especies cinexéticas
Edición xeral
"Vexo con moita preocupación o futuro dos indios, dos illados, dos non illados, e tamén o noso"
Edición xeral
En outono dará comezo o trámite para a creación do Parque Natural de Pena Trevinca
Canal Verde