Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A CIG actúa contra a reforma

Denuncia ao Valedor sobre a "abusiva e inxusta" norma de sobresoldos para altos cargos

Desde o sindicato consideran que a polémica modificación da Lei de Función Pública é "discriminatoria, anticonstitucional e antixurídica".

Redacción - 09:30 08/08/2007

A CIG cualifica de "espolio ao erario público" a disposición adicional estabelecida de xeito consensuado polas formacións políticas e critican que se apañe orzamento "para subvencionar amigos".

Opinan que se trata dunha decisión "abusiva e inxusta" que vai asegurarlle a un elevado número de altos cargos "sobresoldos por valor de 30 millóns anuais". No texto de denuncia presentado este martes ao Valedor do Pobo indican que a reforma "vulnera de xeito aberrante o principio de igualdade recollido pola Constitución".

Lembran que os funcionarios que se beneficiarían desa disposición adicional accederon ao cargo por libre designación, baseada en principios de "amiguismo, enchufismo e partidismo". Xa que logo, critican que se lles garanta soldo extra "por seren amigos do conselleiro ou político de quenda". De xeito específico aseguran que a modificación da Lei de Función Pública contradí dous dos seus propios artigos.


4.2/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: