Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Máis de 6 millóns sobre un total de 7

O contorno de PP e PSOE recibe case a totalidade do orzamento para fundacións políticas

A FAES é a que máis cartos recibe do goberno español para 2007. Á beira está a Fundación Pablo Iglesias, xestionada por Alfonso Guerra.

Redacción - 11:15 08/08/2007
O goberno español repartiu algo máis de 7 millóns entre as fundacións políticas

O goberno español repartiu algo máis de 7 millóns entre as fundacións políticas

Os 7.018.587,41 euros que repartiu o goberno español entre as fundacións ligadas a partidos políticos con representación parlamentaria, forman parte de varias subvencións destinadas ao funcionamento destas entidades e ás actividades de estudo e desenvolvemento do seu pensamento político.

De entre todos, os que máis axuda obtiveron para desenvolver o seu pensamento político foron os membros da Fundación para a Análise e os Estudos Sociais, a FAES, que preside José María Aznar. Esta fundación volveu ser, por segundo ano consecutivo, a que máis axudas recibiu do Ministerio de Cultura, con 2.890.086,25 euros para as súas actividades deste ano.

Despois veñen ben parellos os membros da Fundación Pablo Iglesias, do PSOE, que preside Alfonso Guerra e que levou 2,82 millóns de euros, segundo saíu publicado no BOE. Á Pablo Iglesias séguena as fundacións catalás Rafael Campalans, próxima ao PSC, (470.000 euros); a Fundación Trias Fargas (187.944 euros); e Instituto de Estudios Humanísticos Coll i Alentorn (62.648 euros), ámbalas dúas últimas vinculadas a CIU.

Do contorno de IU-ICV recibirán axudas a Fundación para la Europa de los Ciudadanos (IU), (201.000 euros); a Fundación Nous Horizons (ICV) (58.690 euros); e a Fundación L'Alternativa (EUiA (11.732 euros). 30.000 euros leva tamén a Fundación Luis Bello, vinculada a Esquerda Republicana, que hai tempo abandonou Esquerda Unida.

Os que non levan cartos: os vascos e canarios
195.620 euros foron para a Fundación President Josep Irla i Bosch, de ERC; e outros 62.594 euros á Galiza Sempre do BNG. A CHA, Chunta Aragonesista, levou uns 28.270 euros para a Fundación Gaspar Torrente, a ela ligada.
Os que non levaron nada do goberno español foron as entidades vinculadas a Coalición Canaria e a Fundación Sabino Arana, do PNV.

As fundacións controlaranse como os partidos políticos
Debido á nova lei de financiamento dos partidos políticos, que foi aprobada sen o apoio do PP, que vai entrar en vigor a primeiros do anos que vén, estas fundacións han comezar a ser sometidas a controis parecidos aos que se aplican ás formacións políticas.


5/5 (2 votos)


Comentarios (7)

carlosroca #1 8/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

7 millons de euros para os FAEScistas!!, asi está de lustrosas as gaivotas.

DanielErreCe #2 8/Agosto/2007 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carlos, hai que ler mellor: a faes leva 2.890.086,25, É abondo, non? O tema é POR QUE? Os partidos non teñen abondo co mamoneo electoral? Canto cómpre unha plataforma pola efectividade do voto en branco!

ecoe #3 8/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non lles chegan comisións directas por obras públicas, "mordidas" en forma de donacións ós partidos en troco de presupostos públicos, financiamento 0% interese da banca ou xa falaremos de cando padades (ou si non me axudas non tes creto), etc. e tódalas formas de financiamento legalizado...

Xa sabemos cómo a sociedade civil do reino bourbónico non pode prosperar, pois os cartos públicos son de "autoaxuda" entre os partidos do Réxime.

ecoe #4 8/Agosto/2007 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tampouco lles chegan con que as contas sexan opacas: non lles dá nin para...DISIMULAR!

Gaviotero #5 8/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

carlosroca, de tanto llamar fascistas a todos los que no piensan como tú la palabrita ya ha perdido su significado. ¿Tan fascista eres tú o tu familia que tienes que dártelas de antifascista en todos tus comentarios públicos? Qué pena dais...Llamar fascistas a los del PP (o sea, a más de 10 millones de españoles) y no a los herederos del racista Sabino Arana, por ejemplo, ese que consideraba a los gallegos "los últimos entre los españoles".

teixugo #6 9/Agosto/2007 teixugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O Senhor Plumas gosta de, se voçês prestam atenção, deixar sempre o último comentario ao final de cada notícia, não só quere quedar por cima como o azeite, senão que pretende tambem encher-se de ração...
Como já disse, NINHADA DE RATOS!!!!!
NINHADA DE RATOS!!!!!!!!

carlosroca #7 9/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ai si perdón, 3 millóns, bueno se é asi vale, é unha puñeteira esmola. Toca a 3.000.000 entre 10.000.000 de votantes toca a 30 cts. que (seica son todos como aznar, botella, acebes, zaplana,.....).

Eu propoño que os votantes do PP poñar polo menos 10€ e o resto como castigo por non votalos pois 100€. Pois logo sairia o que merecen: 4.100 millóns de euros que é o que merecen.

Home, falataría máis co sacrificados que son e o que sufren por todos nos estes "SERVOS DEL SEÑOR". Amén.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete