Ás veces pensar que se ten toda a razón e que o de enfronte está competamente errado leva a facer afirmacións parciais ou interesadas que non reflicten toda a verdade:
O incendiario-tipo que se describe é en rigor un incediario-prendido-tipo, ou sexa aqueles que foron prendidos, collidos ou detidos. Este perfil non se pode considerar representativo dos que fuxiron ou foron prendidos en menor número, caso de traballadores do servizos de extinción, inadaptados sociais ou delincuentes. Se como é evidente non hai medios nin para controlar nin para investigar mal se pode dar por válido o perfil das detencións como o dos causantes dos lumes.
- Neste documento e noutros anteriores óbviase un dato incontestable: non se di nada acerca da tipoloxía diferencial de moitos dos incendios rexistrados en 2006, cunha superficie queimada de interface forestal-urbana (áreas de bordo situadas perto de núcleos) extraordinariamente superior á de calquera ano da serie histórica, que denota unha localización moi concreta dos lumes, enon só por extensión ou tamaño dos mesmos, senón mesmo en orixe.
Polo demais hai que estar dacordo coas causas estruturais da situación do monte galego que facilitan catástrofes como a do ano pasado.
Mas não é que "O “incendiario-tipo” é home, actúa só, está vinculado a actividades agrícola–gandeiras, vive nunha localidade próxima ao lugar do incendio e ás veces pode reincidir, distinguíndose tres perfís: o imprudente, o incendiario e o pirómano." ?????
Pois então a que vem "É preciso mellorar o coñecemento das causas dos incendios, aumentando a proporción daqueles que son obxecto dunha investigación en profundidade. Hoxe descoñécense as causas do 7% dos lumes e as motivacións do 49% dos incendios intencionados. "??????
Não percebo. Por uma parte, sabe-se quem prende lume, pela outra são precisas mais investigações.
Tanto me tem o que digam os fiscais. O que aconteceu no ano passado nem foi igual ao resto de anos nem teve as mesmas consequências nem foi produto de quatro loucos.
Os "aproveitados" nunca actuam sós. Porque para "se aproveitar" necessitam do conúbio de outros.
Sabem que investigação faria eu? Começaria por fazer uma listagem das pessoas detidas por incendiários e veria quantas dessas pessoas são proprietários das fincas ardidas. Mas não vi essa cousa simples por nenhures... ai a (des)informação...