Consideran que se lle deron as etapas da 'Vuelta' aos municipios onde as concellarías de Deporte son do Bloque, prexudicando outras vilas con máis tradición ciclista.
O deputado popular Manuel Ruiz Rivas dixo que a única excepción era Vigo, onde "se presentou á alcaldía o anterior director xeral para o Deporte", o nacionalista Santiago Domínguez Olveira, encargado de negociar coa empresa xestora da rolda, Unipublic. Para Ruíz Rivas "nos demais municipios (Santiago, Allariz e Viveiro) só atopan un nexo de unión: as concellarías de Deportes estaban dirixidas polo Bloque.
O PPdeG acaba de solicitar no Parlamento as copias de todos os documentos e contratos firmados coa xestora da carreira, xa que é esta a primeira vez que a 'Vuelta' negocia o seu percorrido directamente coa Xunta, e non cos concellos polos que pasa. Deste xeito, Ruiz Rivas dixo que o PP podería "coñecer tanto os criterios que levaron a elixir estes concellos como os investimentos realizados polo Goberno".
"Criterios clientelares"
Ruiz Rivas tamén recoñeceu, na súa comparecencia nesta cuarta feira, que Unipublic tamén participa na elaboración dos percorridos, mais que o seu grupo non se mete en decisións dunha empresa privada, senón nas da Xunta, que, segundo eles, deixou de lado outros concellos galegos con máis tradición ciclista, coma Ponteareas, Betanzos, A Rúa ou O Porriño.
Para os populares, a Xunta usa "criterios clientelares e políticos na xestión do deporte galego, en vez de se basearen en termos de promoción deportiva", cousa que, segundo el, xa se nota nas axudas aos clubes deportivos, "que están a diminuír, e tamén están atrasándose as subvencións ás federacións deportivas".
O PP asumiu as críticas ao antigo Consello de Contas
Preguntado sobre as críticas ao Consello de Contas da anterior Xunta por eles gobernada, na súa xestión da Fundación Deporte Galego, Ruiz Rivas dixo que o seu grupo "asume as recomendacións", mais opinou que non "se poden sacralizar as opinións" do organismo fiscalizador.
Non descarto irregularidades como se di, nen favoritismos....
Pero por favor! que teñen que decir os do PP? Se no período glorioso de 1996-2004, goberno de Fraga con goberno "amigo" en Madrid, a Vuelta non pisou terras galegas nen unha soa vez.
Se a Vuelta pasa por Galicia este ano foi gracias aos esforzos de Santi Domínguez e o seu equipo; coa creación do equipo profesional galego, coas xestións con Unipublic, etc..
Está ben controlar, esixir, etc..., pero algúns teñen que mirar antes para eles mesmos.
Totalmente de acordo con Druida. Dende o 95 non pasa a Vuelta por aquí. É mais nese período desapareceu a Volta a Galicia por falta de subvencións... Acusan á Xunta de empregar criterios clientelares, cando eles empregaron criterios de absoluto abandono e desinterés. Eu non organizaría unha etapa, nin nada, nun sitio onde goberne un partido que tratou así ó ciclismo durante tanto tempo.
Totalmente de acordo con Druida. Dende o 95 non pasa a Vuelta por aquí. É mais nese período desapareceu a Volta a Galicia por falta de subvencións... Acusan á Xunta de empregar criterios clientelares, cando eles empregaron criterios de absoluto abandono e desinterés. Eu non organizaría unha etapa, nin nada, nun sitio onde goberne un partido que tratou así ó ciclismo durante tanto tempo.
Este señor Ruiz Rivas anda un pouco perdido, non?
O concelleiro de Deportes de Santiago de Compostela é Andrés Fariña Cadenas, do PSOE, non do BNG!
Ademais, o señor Ruiz Rivas debería coñecelo ben, pois os dous foron concelleiros en Ribeira e os dous xogadores do Atlético Ribeira.
http://www...
...E o concelleiro de Deportes de Viveiro tamén é do PSOE, José Antonio Fernández Cal: http://www.viveiro.es/corporac...
Só acertou en Allariz!