Xosé Manuel Lage, deputado do PSdeG, pide aumentar as medidas de "protección" e facer máis esforzo na "promoción" do patrimonio arqueolóxico.
Dolmen de Axeitos
A preocupación xorde ao fío da pintada atopada hai pouco no Dolmen de Axeitos, no concello de Ribeira. Segundo o parlamentario socialista Xosé Manuel Lage Tuñas, este suceso pon de manifesto "a pouca vixilancia existente no que respecta ao patrimonio megalítico".
Neste sentido, Lage rexistrou unha iniciativa parlamentaria onde se interesa en particular pola situación deste dolmen e de paso subliña a necesaria "posta en valor do noso patrimonio arqueolóxico". Para iso, solicita "medidas de protección, pero tamén un axeitado traballo de promoción".
No dolmen de Axeitos permaneceu durante semanas e sen que ninguén se preocupase de borrala unha pintada en cor amarela onde podía lerse "Ola tontos".
"Estamos a falar dun dos vestixios máis visitados na comarca do Barbanza", quéixase o deputado do PSdeG ao respecto, "e por iso consideramos necesario coñecer as medidas ou accións que implementa a Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral de Patrimonio para facer fronte a este tipo de sucesos".
Manda nabo que Lage Tuñas, un dos principales defensores da colocación dunha piscifactoría ao lado do Castro de Baroña, agora nos veña falando da protección do patrimonio megalítico. Está claro que para ser político hai que ter un morro coma un mundo.
Pois eu non coñezo o caso do Castro de Baroña pero co de Axeitos ten toda a razón. Manda carallo, semanas co dolmen pintado sen que a ninguén lle importe
o da pintada foi un turijta madrileño, fijo
¿Non coñeces o tema do Castro de Baroña? vaia por deus. Pois infórmoche que un dos principais valedores da piscifactoría que Stolt Sea Farm quería instalar xunto a unha das xoias da arqueoloxía de Galicia foi o señor Lage Tuñas, coa inestimable axuda do ex-alcalde de Porto do Son, Ramón Quintáns.
Aquí todos estamos en contra de que impresentables fagan pintadas en Axeitos, pero ver ao señor Lage Tuñas erixirse como defensor do patrimonio megalítico causa a mesma impresión que ver ao raposo falar da defensa das galiñas.
Home, Jatopardo, adiántasteteme no comentario! E acertas no clavo.
Sinceiramente: fai tempo que deixar de ter en conta as parvadas que di este Lage Tuñas, porque o homiño non da unha a dereitas. Pero qué soldo de deputado autonómico máis malgastado, pobre Galicia.
O PSdeG (en concreto a CPTOP) arrasou co círculo lítico de Mourela sin pensalo duas veces. Xa non existe. Debía ter medo a que lle fixeran pintadas. O BNG (en concreto a Dirección Xeral de Patrimonio)fai unha autopromoción moi bonita. Ahí remata o seu traballo. Antes de intervir ante unha agresión ao patrimonio pide permiso en todas partes. A esta Xunta o patrimonio lle importa un grelo.
Veño de pasar uns dias na Bretanha francesa e podo dicer que nas únicas pegadas megalíticas nas que hai vixianza e nas que cobran por ver, nas outras no hai vixianza, o que hai e educación e respeito con estas manifestacións do património.
Criticar está moi ben: Se Cultura que pór un vixiante en cada construción megalítica, virá o de Presidencia (do psoe) dicindo q nanai, q non hai cartos...
Falar non ten cancelas, e os políticos fan a sua función: falar sen resolver nada. Se o Lage quere q se protexa o patrimonio, q lle pida a Romeu persoal para coidalo.
Ca cantidade de postos represivos que leva implementado o €$tado €$pañol desde hai máis de 25 anos -pódese seguir a criación de emprego público en presadas de éstes de CATROMIL por vez!- xa ven podían pasar de ves en cando por alí, como fan indo polas praias ou subindo á Curota a velas vir!
Non me parez que o bng quedara libre de responsabilidade no affaire da Mourela! Algo se podería ter feito, ou non?
Os "representantes do pobo" son mercenarios que traballan para intereses alleaos a éste, mesmo extranxeiros. A grande burguesía na actualidade está nunha fase internacional, xa non está pola soberanía nacional, salvo para lla resfregar nos fuciños ós pobos que a reclamen, como nós!
Se "o noso" fora posto en valor na sociedade futura, -futura, porque no presente non foi nin o é-, non sería de esperar ningún tipo de comportamento como o que tiveron en Axeitos.
Na Bretaña (Breiz ou como escrevan, en bretón)hai que ter en conta múltiples diferencias ó respeito: unha de importancia non menor é que os franceses (grannacionalistas) son chovinistas e defenden as riquezas mesmo culturais ou do signo que sexan, cousa inaudita no tratamento do Pequeno Imperio, no que só o déle é bó e defendible.