"Non só é legal, senón que debe ser o normal e lexítimo nun Estado democrático e conforme aos dereitos humanos máis elementais".
O voceiro do BNG no parlamento español, Francisco Rodríguez, lembroulle esta quinta feira á Unión Federal de Gardas Civís (UFGC) o dereito legal da cidadanía a ser atendida na súa lingua, dereito que se ampara "tanto na Constitución coma no Estatuto de Autonomía".
Ademais, matizou que a iniciativa presentada pola formación nacionalista o que solicita é que existan impresos para facer as denuncias en galego, "xa que son documentos que deben asinar os denunciantes e deben estar de acordo con eles".
"Non só é legal que os cidadáns galegos sexan atendidos no seu pais na súa lingua nos servizos da Administración pública, sexan estatais ou autonómicos, senón que debe ser o normal e lexítimo nun Estado democrático e conforme aos dereitos humanos máis elementais", sinalou Rodríguez.
"Obsesións anti-nacionalistas"
Por iso, o BNG instou á UFGC a que "abandone as súas obsesións anti-nacionalistas" e a que "poña máis atención na defensa dos dereitos e deberes dos funcionarios aos que di defender, así como a integrarse máis na sociedade á que ten que servir, neste caso Galiza".
Ao respecto, lembrou a defensa que o BNG realizou no Congreso dos dereitos dos militares e gardas civís como traballadores nas leis da Carreira Militar e na dos dereitos e deberes e réxime disciplinario da Garda Civil.
Cando cobran si saben que os seus soldos veñen dos impostos de todolos galegos, incluidos os que falamos unicamente en galego.
Ademais de incompetentes os picoletos, agora queren impoñer a sua lei. Alguen debe lembrarlles que os tempos do franquismo xa pasaron e a lingua do pais (Galiza) e o galego. Eu coma cidadan galego que paga impostos, esixo ser atendido na miña lingua por parte de calqueira funcionario dentro do territorio galego.
O discurso do Paco Rodríguez recolleito nesta nova semella ser correcto no que respecta á súa conformidade co ordenamento regulador dos dereitos lingüísticos.
Sería moi conveniente daquela que o BNG non só se expresase nese senso, senón, sobre todo, que entendera os contidos técnico-xurídicos dese discurso (dereitos/obrigas de uso activo/pasivo dos interlocutores) e os aplicara na súa actuación institucional e partidaria cotiá.
Por outra banda, o de que "abandone as súas obsesións anti-nacionalistas" dirixido á UFGC, semella non ter en conta que esta asociación de gardas civís só é contraria ós nacionalismos asociados no Estado español a linguas españolas distintas da castelá; mais, non ó castelanismo. Non ó nacionalismo imperialista ou territorialmente expansivo e irrespectuoso coas linguas distintas do castelán e os seus usuarios asociado á lingua castelá.