Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Balance do primeiro ano de "Quérote"

Dez consultas por día no centro compostelán de asesoramento afectivo-sexual

Foron un total de 2.423 consultas no primeiro ano de vida do centro, a maioría realizadas por mulleres de entre 16 e 25 anos. Os métodos anticonceptivos suman a maior parte das preguntas.

Redacción - 09:30 13/08/2007

Destaca o elevado número de consultas realizadas a través de internet, aproveitando a web do centro Quérote. Así, un total de 1.601 preguntas chegaron vía internet, mentres 375 se facían a través do teléfono e 447 de modo presencial.

Segundo os datos de Vicepresidencia, o Centro de Asesoramento Afectivo-sexual Quérote de Santiago, o 68% das 2.423 consultas recibidas neste primeiro ano de vida foron feitas por mulleres de entre 16 e 25 anos. No caso das consultas en liña a maioría referíanse a sexualidade e prácticas sexuais, mentres que as consultas presenciais trataban a maioría das veces sobre métodos anticonceptivos. Tamén destacan desde o centro a realización de actividades formativas sobre educación afectivo-sexual en trinta centros de ensino.


5/5 (2 votos)


Comentarios (4)

Tino #1 13/Agosto/2007 Tino

Segundo Maria Seoane (NovasXeracions) e o PP, a Xunta e Vicepresidencia non fan nada polos mozos!
E polo q se ve danlle asesoramento sexual! Co q iso implica: incitalos a ter relacions sexuais antes do matrimonio, pecadores!
A 10 atencións ao dia: cantos estarán en pecado mortal!
Así é como se rompe España!!!!!!!

Gaviotero #2 13/Agosto/2007 Gaviotero

Tino, tras tu brillante intervención...¿se supone que hemos de reirnos?

xacataca #3 13/Agosto/2007 xacataca

O que ri último, ri mellor.

Eu non teño acougo contigo/vos, fachitas.

Moito fode perder o poder, non é?

Ningunha agresión sen resposta!

Tino #4 14/Agosto/2007 Tino

Outro chiste para quen o keira entender:
Sabedes por que as do PP (e agora tamén eles) usan tanta maquillaxe na cara?
Pois pq follan tan pouco q teñen q disimular a tirantez na pel.
Como só poden botar ferretes para ter fillos: pois a pasar fame!
Coitadiñ@s.
Lembremos auténticas esperpentas mediáticas como a Touciño, a Barbie Superestar (Ma. Jesus Sainz), Corina la porros, Luisa Fernanda la Ruda, e o resto...
Cantas toneladas de chapapote terán gastado nesas caras tesas e neses pelos q teiman en facer loiro-vikingo-de-bote?
E que non saben o q contamina todo isto? e q ademais é pecado contaminar? Díxoo o seu paaaapa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: