Dende o 31 de xullo de 2006, o xefe de Estado permanece apartado do goberno da illa, mais non da vida social a través dos seus frecuentes editoriais nos xornais.
Con motivo do seu aniversario, a prensa cubana dedícalle numerosos agasallos e dedicatorias ao presidente do Consello de Estado da República de Cuba, Fidel Castro, que este luns 13 de agosto cumpre 81 anos.
O semanario Tribuna de la Habana publicou este domingo na súa portada unha mensaxe para Castro onde afirma: "Nas novas circunstancias que afrontamos, manteña a certeza de que a consigna: 'Ordene' será por sempre o berro de guerra, palabra maior, o credo e a esperanza dos cubanos".
'Memorias de la Revolución'
Tamén polo aniversario do líder cubano, a revista Cuba Socialista publicou o artigo titulado 80 Agostos, escrito polo profesor e revolucionario Armando Hart, onde se expoñen importantes momentos de Castro na Revolución cubana.
Así mesmo, o libro Memorias de la Revolución, unha compilación de escritos de ex combatentes guerrilleiros que loitaron xunto con Castro, foi dedicado ao líder cubano na súa presentación, este sábado, informou o diario Granma, que a súa vez publica este luns as felicitacións dos '5 heroes', encarcerados nos EUA.
Ante o presidente do parlamento, Ricardo Alarcón, Eduardo Torres Cuevas, un dos autores do libro, asegurou que a obra "é unha homenaxe ao líder da Revolución cubana por ser inspirador e orientador do proxecto literario cubano".
Máis de 600 plans de asasinato
Fidel Castro chega ao seu 81 aniversario despois de máis de 12 meses apartado do goberno da illa, cando en xullo do ano pasado decidiu someterse a unha intervención cirúrxica para atender unha afección intestinal, polo que delegou as súas funcións no vicepresidente, o seu irmán, Raúl Castro.
Con todo, celebra un novo ano do seu nacemento logo de sobrevivir a 467 planes e 167 atentados preparados para asasinalo, tal e como recolle o xornalista cubano Luis Báez no libro El mérito de estar vivo, na maioría organizados pola Axencia Central de Intelixencia (CIA) estadounidense, tal e como eles mesmos desvelaron en datas recentes.
O libro inclúe entrevistas con axentes da CIA, narra casos como cando se tratou de envelenar a Castro en 1959 con cápsulas, nun batido de chocolate que adoitaba tomar no Hotel Habana Libre.
Castro converteuse, logo do triunfo da Revolución cubana en 1959, en inimigo acérrimo para o goberno dos EUA e como mostra diso, a súa eliminación foi incluída nun plan de accións encubertas da CIA, aprobado en marzo de 1960 polo presidente estadounidense, Dwight D. Eisenhower.
Presenza nos medios
Nacido o 13 de agosto de 1926 en Birán, unha aldea situada a uns 80 quilómetros de Holguín, capital da provincia oriental cubana do mesmo nome, Castro pasou a maior parte da súa vida dedicado á política revolucionaria.
Dende os seus anos de universitario encabezou movementos contrarios aos gobernantes que pasaron pola presidencia de Cuba e en 1953 liderou o asalto ao Cuartel do Moncada, considerado o xerme do alzamento contra a ditadura de Fulgencio Batista, que comezou en 1956, na Serra Maestra e triunfou en xaneiro de 1959.
Dende ese ano, Fidel Castro mantívose ininterrompidamente á fronte do goberno deica o 31 de xullo de 2006. Malia estar apartado da vida pública, o xefe de Estado cubano mantén unha regular presenza nos medios de comunicación social mediante artigos de prensa, onde aborda diferentes temas, e mesmo realizou chamadas telefónicas ao programa televisivo dominical do presidente venezolano, Hugo Chávez Frías, Aló, Presidente.
¡Hasta la victoria, siempre!
Fidel, Fidel! Cuba Socialista!
Un outro mundo é posíbel.
Viva Fidel! A loita continúa e o comandante Fidel debe seguir loitando polo ben mundial.
Yo respeto a Fidel por ser un verdadero líder. Como socialista puedo compartir o no muchas de sus acciones. Pero considero que son los cubanos los que tienen que decidir su futuro. Si lo que Fidel les ofrece les gusta, bien por ellos. Lo inaceptable es el doble discurso. Cuando USA interfiere con los asuntos de otros países se les define como imperialistas, pero cuando Cuba interfiere en los asuntos internos de otros países se les define eufemísticamente como “INTERNACIONALISTAS”
Viva Fidel por mucho tiempo. Por su pueblo y con su pueblo. Pero que respete el derecho de otras naciones a definir su futuro.
önde unha só INTERVENCIÓN CUBANA contra a maioría cidadán ou sin ser chamado a ofrecer AXUDA? Espero a resposta
El desembarco en Machurucuto el 11 de de mayo de 1967 donde miembros activos de las fuerzas armadas cubanas y guerrilleros venezolanos intentaron ingresar al país por la playa antes señalada, frente al extremo oriental de la Laguna de Tacarigua. Venezuela. Este fue un ataque contra el gobierno democrático Venezolano del presidente Raúl Leoni. Que el pueblo venezolano no pidió. Tanto es así, que en las siguientes elecciones hubiesen votado por el partido comunista y no lo hicieron, gano el partido Copey opuesto a Acción Democrática (partido socialista). Entonces, decir maniqueamente que el pueblo pide que Cuba, USA, etc. intervengan en sus asuntos son medias verdades o fabulas.
Para que se entere, en el famoso vacío de poder del 11 de abril de 2.002, Después que el actual embajador de Venezuela en Portugal (General Lucas Rincon) le dijo al país y al mundo que Chávez renuncio. ¿Quiere saber usted quien fue uno de los primeros embajadores que reconoció a Carmona Estanga como presidente?. Enterese, Hernán Sánchez Otero, embajador de Cuba en esos y en los actuales momentos. ¿Qué le parece? ¿Cuba defiende al socialismo en Venezuela o sus intereses económicos?¿El Pueblo Venezolano le pidió a Cuba que reconociera a Carmona?
Sabía usted que cuando Carlos Andrés Pérez tomo investidura de su 2do mandato como presidente de Venezuela uno de los regios invitados fue Fidel Castro. Bueno, fue a este amigo de Fidel al que el actual amigo de Fidel (Chávez) le dio un golpe de estado. ¿Pidió el pueblo venezolano ese golpe? Usted sabe que tienen en común para Fidel, Chávez y Carlos Andrés Pérez, que ambos le aportan o aportaron petróleo en condiciones preferenciales a Cuba.
De tal manera, que si su ilusión es creer que Cuba se mete en tal o cual lado por razones éticas, morales puede seguir creyendolo.
Mi opinión es que Fidel siempre ha tratado de manejar a políticos mediocres y corruptos para poder lograr sus metas. Le reitero que Fidel como político y líder es insustituible.
Se podrá no estar de acuerdo en algunas cosas pero pretender creer que solo interviene en asuntos internacionales por razones altruistas es como pretender pensar que las Jineteras del malecón de la Habana son un invento capitalista o que la solidaridad internacional se ejerce con las piernas abiertas.
Saludos.