Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Implicados tamén outros concelleiros

A "falsa rebaixa" no soldo da alcaldesa de Sanxenxo

Desde o BNG din que os concelleiros do grupo de goberno (PPdeG) xustifican a diminución "falando de ingresos netos, mais non din que o que fan e incrementar a porcentaxe de retención".

Redacción - 13:30 13/08/2007

"O tema dos soldos do grupo de goberno no Concello de Sanxenxo, senón tivese a transcendencia que ten de cara ás arcas municipais, é de risa", afirman dende as filas do BNG no concello do Salnés.

Segundo denuncian os nacionalistas, a rebaixa do soldo da alcaldesa, Catalina González, non é tal, xa que na resolución adoptada polo grupo de goberno (PPdeG) "mesturan cifras e falan de ingresos brutos e netos, mais non din que o que fan e incrementar a porcentaxe de retención".

Así, por exemplo, "tanto a concelleira de Turismo como o concelleiro de Deportes ven incrementados os seus ingresos con esta 'rebaixa' pasando de cobrar 43.050 e 43.750 euros ao ano, respectivamente, a cobrar 43.400 e 44.100 ", afirman dende o BNG.

Aumento nas retencións

No caso deste dous mesmos concelleiros "pasan dunha retención inicial do 19,24% ao 27,18% e do 20,13% ao 28,09%, respectivamente". No resto dos edís do grupo de goberno a diferencia é maior e "máis escandalosa", xa que cobrando menos, aumentan a porcentaxe de retención, "caso único e a estudar nos libros de fiscalidade", polo que aínda que aparentemente semelle que cobran menos, o custe real para os cidadáns de Sanxenxo é maior, denuncian os nacionalistas.


Documentos

5/5 (4 votos)

Comentarios (7)

Gaviotero #1 13/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero de qué nos van a dar lecciones ahora los bloqueiros, que tienen a Santi Domínguez junto con 6 amigotes de vacaciones en Bangkok a costa del erario público...

xacataca #2 13/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Semella que escoce que Coriña Puerro e as bandadas de fachas coma ti xa non teñan o poder na ilustre cidade de Vigo, eh?

Pois a aguantarse ou a exiliarse, Gaviotero.

Manuelaldao #3 13/Agosto/2007 Manuelaldao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

!Ah! Solo está mal si lo hace el pp. !Qué cosas!b

Gaviotero #4 13/Agosto/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bueno, los del PP y todos los demás "fachas" como yo que defendemos la libertad frente a nacis totalitarios como tú o Ancho Quintana, estamos tristísimos por haber subido 10 puntos en las últimas municipales y haber pasado de 10 a 13 concejales quedándonos a 1 de la mayoría absoluta y no habiendo conseguido los excelentes resultados del BNG, que ha bajado dos concejales pero sigue siendo, como ya lo fuera al principio de la pasada legislatura, la alfombrilla mugrienta en la que pisan los socialistas vigueses...¡jajaja!

xacataca #5 13/Agosto/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Catro duros anos de oposición é o que lle queda ao Partido Español. Por min como se tedes todos os votos menos a metade máis un.

O que vai decidir que se vai facer en Vigo (e en Galiza) non é -nin de lonxe- o PP.

Así que podedes pasar o tempo de lecer contando papeletas que de aprobar orzamentos vaiase esquecendo.

Vaialle chorando a Rajoy a ver se lle dá un puestito en la Corte, que aquí vaino ter moi cru.

Xa hai quen pide a túa dimisión, pregúntalle ao amigos comúns que tes con Cacharro. Bon, xa ti ben me entendes.

guillerme #6 13/Agosto/2007 guillerme
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PP xa caeu... aínda que che doia gaviotero xa non gobernades en ningún sitio importante e pronto pasará a ser un refugallo como en Cataluña ou Euskadi.
O PSOE tamén caerá, aínda que máis tarde por ser máis tolerante...pero caerá.
O BNG é o futuro, aínda que desgrazadamente porque eu prefería outro partido que dera máis caña aos españolistas.

carlosroca #7 14/Agosto/2007 carlosroca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que santi e os 6 xa volveron de Bangkok. Estiveron catro dias, que dous e medio se perden na viaxe.....
Que se anime a alcaldesa de Sanxenxo a propoñer a UNIVERSIADA.

Agora ben, eu non cuestiono o soldo da alcaldesa, sempre que teña como referencia o/a funcionario/a de maior rango no concello. Pero mira que son tramposos e cutres....an

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: