Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O país comeza un camiño histórico

O 'Diálogo Nacional', primeira pedra cara á independencia de Escocia

Alex Salmond presenta a campaña gobernamental A National conversation begins para darlle a coñecer o seu plan de secesión á sociedade escocesa.

Redacción - 15:15 14/08/2007

O primeiro ministro escocés, Alex Salmond, presentou publicamente na mañá deste martes o plan do goberno que dirixe de cara a consecución da independencia para o país, que remataría cunha consulta popular a finais desta década, é dicir antes de rematar a presente lexislatura.

A National conversation begins (Comeza un diálogo nacional) é o lema elixido polo executivo escocés para a campaña que dará a coñecer e abrirá o debate (cunha moi importante presenza na rede) a toda a sociedade.

Moi significativo desta apertura á controversia, ao intercambio de ideas e á resolución de dúbidas que poidan existir entre a sociedade é a habilitación dun blog -que asina o mesmo Salmond- dentro da páxina www.anationalconversation.com, elaborada polo goberno, onde os escoceses -e os non escoceses- poden deixar os seus comentarios e manter un diálogo fluído.

Debate aberto
Non menos representativo da actitude do executivo de Alex Salmond, que busca implicar a todos os seus cidadáns neste importante proceso nacional, é a tradución do plan de independencia ás linguas das principais comunidades residentes en Escocia: chinés, hindi, urdu, punjabi, polaco, bengalí e árabe.

"Non facer cambios xa non é unha opción", afirmou Salmond este martes na presentación do documento de medio cento de páxinas; no entanto salientou que existe unha "ampla variedade de posibilidades" que agora deberán de ser debatidas polo pobo, e dixo que aínda que o seu obxectivo é que o proceso remate cunha consulta popular nas urnas, ten a súa mente "aberta e flexíbel" a opcións alternativas.

Tres propostas
A proposta gobernamental para o Diálogo Nacional consta de tres vías: primeira, continuar co actual status 'constitucional', sen ou con mínimos cambios; segunda, aumentar as competencias naquelas áreas que así se decidan no proceso de debate; ou, terceira, dar os pasos pertinentes para permitir que Escocia sexa un estado completamente independente e soberano.

O documento recolle ademais a pregunta do hipotético referendo: os votantes deberan decidir se están de acordo ('I agree') ou desacordo ('I do not agree') con que "o goberno escocés negocie un acordo co goberno do Reino Unido para que Escocia se converta nun estado independente".

Porén, Salmond deixa a porta aberta a unha pregunta múltipla: "É o momento de que aqueles que queiran incluír outras alternativas na papeleta do referendo as presenten ao goberno para a súa consideración".

Oposición á independencia de Escocia
Salmond considera que o plan presentado, tal e como prometeu tanto antes como despois de gañar as pasadas eleccións lexislativas, responde ao requirimento do pobo escocés de posuír "maior influencia e poder de decisión".

Os principais partidos da oposición -Laboristas, Conservadores e Liberal demócratas-, que este mesmo luns denunciaron a "división e incerteza" que xera o plan, van facer unha fronte común en contra da independencia. O arredismo conta co apoio do partido dos Verdes.


Documentos

4,81/5 (16 votos)

Comentarios (29)

eugalego #1 14/Agosto/2007 eugalego

Independência e socialismo. Tamem em Celtia.

xacataca #2 14/Agosto/2007 xacataca

Ensoñacións galegas de Celtia ...

Non o verán os ollos de Quin! (por desgraza para nós)

Sorte e saúde Escocia!

guillerme #3 14/Agosto/2007 guillerme

En Galiza é necesario un proceso similar, pero para iso é necesario un verdadeiro partido nacionalista, cousa que hoxe en día non hai, así que é necesario un cambio para lograr o obxectivo de ver a nosa patria libre. Con estes feitos móstrase que nunca podemos perder a esperanza.

Sara_Mago #4 14/Agosto/2007 Sara_Mago

Na Galiza fam falta varios partidos soberanistas que cubram todo o espectro politico e desterrem ao espanholismo à marginalidade. Mas para isso faz falta umha classe empresarial comprometida. Como chegamos a isso?

Maeloc-do-Rouco #5 14/Agosto/2007 Maeloc-do-Rouco

Xacataca, nom sejamos pesimistas que pior temos estado e o caminho e saempre cara adiante, com atrancos e loitando moitas vezes contra moinhos de vento...mais a primavera vira...Folgos e Optimismo que Galiza tarde ou cedo sera um PAIS LIVRE, SOLIDARIO E DIGNO

Amorodo #6 15/Agosto/2007 Amorodo

Que volte o Beiras!

Gaviotero #7 15/Agosto/2007 Gaviotero

Este documento ya es papel mojado puesto que ha sido rechazado por la mayoría del Parlamento escocés, que representa a más del 60% de los escoceses...Los nacionalistas son una minoría, no tan escasa como lo son en España, donde apenas representan a un 10% de la población, pero minoría al fin y al cabo.

Otro siglo será...¡jejeje!

Sara_Mago #8 15/Agosto/2007 Sara_Mago

Eu acho que a independencia de Escocia vamola ver no futuro imediato. Vai ser o primeiro passo cara umha profunda reestruturaçom da Europa. De facto, o debilitamento dos estados actuais é a unica forma de construir umha verdadeira Uniom Europeia, para alem dun feixe de tratados e umhas instituiçoes pouco democraticas e ainda menos operativas. Paradoxalmente, os actuais estados, que construiram a Europa que nos conhecemos, som agora os principais obstaculos cara umha uniom real. A "regionalizaçom" é o unico caminho para construirmos Europa. O segundo novo estado, depois da Escocia, vai estar na Peninsula Iberica e vai ser provelmente a Catalunha.

Sara_Mago #9 15/Agosto/2007 Sara_Mago

Gaviotero, a independencia da Escocia vam-na ver os teus olhos. E provavelmente a de Catalunha tambem. E digo isto plenamente consciente de que es um velho facha ao que lhe queda ja mui pouca mecha.

Sara_Mago #10 15/Agosto/2007 Sara_Mago

E quando chegues ala, sauda aos teus colegas Francisco, Benito e Adolf e, se tiverestempo entre churrascada e churrascada, ja nos contaras que tal ardem ;-)

guillerme #11 15/Agosto/2007 guillerme

Gaviotero, polo xeito de falar e comparar a España con Escocia que fixeches antes (´´Los nacionalistas son una minoría, no tan escasa como lo son en España``) podo ver claramente como si recoñeces a Escocia como nación; entón, por que non a Galiza? que ten Escocia que non Galiza? Unha lingua propia quizais? Un pasado libre como Reino? Sinceramente, non entendo a diferenza que fas (sen dúbida fala a dedo) entre uns países e outros.
Ademais, ti mismo ao poñer ao mesmo nivel a España que Escocia, en canto a nacións ou como queiras chamalos, recoñeces o dereito á autodeterminación de Escocia.
Por favor, pídoche que reflexiones algunha vez e non te peches simplemente por manter a túa ideoloxía a toda costa (incluso por riba das evidencias).
´´Os necios afirman, os sabios dubidan e reflexionan`` palabras de Aristóteles, tómaas en conta.

alexinho #12 15/Agosto/2007 alexinho

guillerme volvo a estar dacordo contigo.

saude

ecoe #13 15/Agosto/2007 ecoe

Os nacis como eso chama ós españois NACIONALISTAS é a maioría da población...de €$paña, que o son, como él mesmo amosa a cada. Pero son realmente IMPERIALISTAS, pois arrasan as nacións que submeten no seu estado ANTIDEMOCRÁTICO.

Os Imperios con cultura, como o da Grande Bretaña, poden admitir máis fácilmente os cambios territoriais, como veñen demostrando, pois na sua historia recente foron moitos os que lle aconteceron. Pero son chauvinistas, defenden ata os valores das suas posesións!

bcngz #14 15/Agosto/2007 bcngz

Escocia ten unha tradición independentista máis sólida do que poidera ter GZ en 20 anos. Ademais, neste caso a potencia colonizadora é nacionalista no seu territorio orixinal. É dicir, os ingleses (os colonizadores) síntense ante todo ingleses, antes que británicos. Un factor favorecedor que non compartimos no caso de España co Madrid e Castela.

Maeloc-do-Rouco #15 16/Agosto/2007 Maeloc-do-Rouco

"Gaviotero", nom sabes falar sem faltar ao respecto, unicamente com expor os teus juizos?? Ou sera que esses "jajas" nom som mais ca risinhos nervossos de quem mais ca argumentar unicamente se adica a ceivar aldragens contra as OPINIONS livremente expressadas dos outros. Eu pola minha banda mantenho a opiniom e anceio umha Galiza soberana inserida em Europa e nummundo mais solidario e co-rresponsabel. Os Estados (espanhol, britanico, etc) perdem peso por serem demasiado grandes pra solucionar asuntos que requirem descentralizazons a nazons, regions e eurorregions e por outra banda som cativos de mais pra atender politicas internacionais de grande fundo diante dos Brasil, US, China, India, etc...Velai onde umha Galiza soberana na UE nom e um sonho, e algo que latexara cada vez mais forte como umha necesidade. E pra mim, amigo Gaviotero, a POLITICA consiste no RESPEITO, NA DIGNIDADE e sobre tudo (por definizom) consiste na procura de fazer-mos POSIBEL aquilo que E NECESARIO. Apertas a Tud@s e Moita Paz

Maeloc-do-Rouco #16 16/Agosto/2007 Maeloc-do-Rouco

Nom idealicemos a Escocia de mais nem tiremos croios contra o nosso loussado sem mais. Certo estou que algo tam singelo como terem equipe de rugby, futebol e na Commonwealth-Team figo mais pola forza da identidade escocessa que esta ou aquela autonomia ou esta lei. Tamem o facto de pertenceram ao espazo anglosaxom outorgou-lhe umha repercussom que o nosso pais nom tem (exemplo e a pelicula "Braveheart" e outros elemntos de mercadotecnia nacionalista em lingua INGLESA que o nosso pais nom tem)..Mais Galiza e Terra Nai dumha lingua falada por perto de 300 milhons de pessoas em tudo o planeta (malia ao interessado e alienante arrecantamento que sufrimos por parte dos estados centrados em Madri e Lisboa)...Galiza sufriu o trauma da estigmatizazom historica dende o seculo XV em diante, o pesadelo do franquismo, da repressom, a alienazom cultural e social do seu ser identitario, dumha Historia estigmatizadora, diglossias, ignorancias, auto-xenreiras, etc... Nom ha posibel comparanza co processo historico escoces. So ha algo que dizer: Galiza e tam nazom ou mais ca Escoza, a magoa e a escaseza de auto-conhecemento da nossa Historia e do nosso devir historico como povo, interpretazom que ate "onte" mesmo estivo em mans espanholas, que artelharom e manipularom a historia ao seu jeito e pra a nossa ignominia. Por certo a Cornualha nom tem nem sequer autonomia no R.U.e Cumbria tam pouco. Nom e tudo tam "jauja" aco no R.U. como alguns semelham inferer...A asunzom do castelhano como lingua "espanhola" choca frontalmente coa conceizom do ingles como lingua franca da Uniom (e do mundo) sem deixar de ser "ingles" (nom "britanico")...Xaora que aco escoitam-se "burradas" como a de separar os conceitos de Espanha e Iberia (este ultimo inclue Portugal e aquel nom, sem que ninguem nos poida explicar a razom etimologica-historica desta diferenciazom, a nom ser que Espanha se identifique co estado artelhado arredor da nazom castela-andaluza, co cal e mais ca obvio q Galiza nom seria parte disso, alem de estar polo de agora inserida nesse estado)...Folgos e mais Optimismo...Por Umha Galiza no Universo

norberto #17 16/Agosto/2007 norberto

EStaria ben,livres ao fin da pu.. gran bretaña.Mima se eso se plantexase aquí ahinda que só fose un comentario,en menos de duas horas tiñamolo exercito nas ruas.Da igual, xa aprenderan que unha idea,un pensamento e unha fala non se poden encerrar nen tan seqquera matar mentres esteamos nos.

Gaviotero #18 16/Agosto/2007 Gaviotero

Seguid soñando...y seguid insultando...

PD1: Rebuznan, luego cabalgamos...

PD2: Soy joven, chicos, aún me quedan en este mundo unos 50 años más...por lo menos, salvo que algún amigo vuestro me pegue un tiro en la nuca, claro está.

teixugo #19 16/Agosto/2007 teixugo

ninhda de ratos!!!


Em qualquer caso aqui ningém te vai botar em falta...

Sara_Mago #20 16/Agosto/2007 Sara_Mago

gavi, nom mo creo. falas, ou escreves por falar com mais propriedade, como um velho facha. Talmente cuspidinho. Se es umha pessoa nova como dizes, entom vas rematar num psiquiatrico mais tarde ou mais cedo (porque entom serias umha sorte de Quixote que passou a vida a ler as obras completas do nacional-catolicismo e ficou transtornado de vez). Eu acho que es um velho nostalgico da dictatura. Ha inumeros indicios em todo quanto escreves para chegar a essa conclusom... e cada dia e mais evidente.

Gaviotero #21 16/Agosto/2007 Gaviotero

Efectivamente, Sara_Mago, me has descubierto. Soy un viejo facha. Me llamo Xosé Manuel Beiras...

teixugo #22 17/Agosto/2007 teixugo

Ninhada de ratos!!!!!!!!!!

Sara_Mago #23 17/Agosto/2007 Sara_Mago

Nom, Gaviotero, nom. Nom te chamas Xose Manuel, chamas-te Juan Jose e estas enganchadissimo ;-)

Gaviotero #24 17/Agosto/2007 Gaviotero

Lo siento Sara_Mago, pero lo de Juan José no lo he pillado...

Sara_Mago #25 17/Agosto/2007 Sara_Mago

Juanjo, juanjo, antes eras mais valente... Y es que ya no quedan hombres en Ejpaña!

Barcelos #26 17/Agosto/2007 Barcelos

Home, unha "banderita", como as que puñan antes nas verbenas do patrón.

E un aznarista portando a bandeira que lucía nas tendas de tabacos fai anos e nas casas da garda civil.

Non quero ser irrespetuoso, pero sinceramente non creo que sexas Xose Manuel Beiras. Non mo pareces.

Vello non pareces, facha sí.

bcngz #27 17/Agosto/2007 bcngz

Porque vos insultades reciprocamente se vivimos nun estado democrático onde sodes libres de expresar a vosa opinión? Eu creo que a opinión de Gaviotero é tan lícita coma a de calquera, aínda que non a comparta.

Escocia terá referendo e problablemente se escindirá de GB.

Barcelos #28 17/Agosto/2007 Barcelos

Eu tamén coido ca sua opinión é lícita. Se non Vieiros xa lla quitaría.

Opinar de Gaviotero tamén é lícito. Eu opino que non é Xosé Manuel Beiras, o meu antigo profesor de Estrutura Económica, como el afirma.

E non lle estou insultando. El di que é un vello facha e eu doulle a razón no de facha aínda que non comparto o de vello.

Gaviotero #29 18/Agosto/2007 Gaviotero

Gracias, bcngz, echo de menos en muchas ocasiones un tono más sosegado y que se dedique más a intentar rebatir mis argumentos que a la descalificación simplona y fácil...

Aunque ojo, que no considero facha un insulto cuando viene de la gente que me lo llama, pues entiendo que por facha quieren decir persona amante de las libertades frente al totalitarismo nacionalista y excluyente, pues al fin y al cabo eso es lo que ellos pretenden combatir. Que me llamen facha los mismos que dicen que me querrían ver muerto, desaparecido o los mismos que dicen estar más cerca de los terroristas del tiro en la nuca que de demócratas como yo, más que un insulto es todo un elogio para mí.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: