A explotación, denunciada por Adega, pertence a un familiar do ex-alcalde de Ortigueira, e acadou un contrato co Goberno Fraga para fornecer a obra do monte Gaiás.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) presentou unha denuncia perante o Seprona contra unha explotación de cuarcita no concello de Muras. A entidade emprega os mesmos argumentos da Dirección Xeral de Urbanismo, que en decembro de 2006 ditou unha resolución de paralización inmediata da actividade, por carecer de licenza.
Segundo Adega, a canteira tivo un trato de favor do anterior Goberno, por ter consentido a actividade sen os permisos pertinentes, por ter retirado a súa localización da Rede Natura e por ter subscrito importantes contratos con ela, como a construción da residencia do Presidente da Xunta e a Cidade da Cultura.
Todos os detalles en Canal Verde.
Ilegalidade sobre desmesura do capitalismo serodio da burguesía imperialista: GZ= turismo e construcción!
Coño, ecoe, qué exagerao...Se trata solo de piedra extraída de una cantera que todavía podría no contar con la licencia adecuada...
La cuestión es si la piedra es buena o no. A ver si luego se nos va a caer encima el edificio ese...
E ben se ve que o alcalde de Ortigueira é íntimo amigo do dono de La Voz, que este xornal non publicou nadiña de nada sobre o tema, malia ter unha loita enconadísima contra a Cidade da Cultura.
Coma sempre, sen permisos, licencias que máis dá, ós paisanos por catro duros comprouselles a canteira, e agora o irmán do ex-alcalde a explotala (PP), que raro estes polo medio.
O mesmo acontece cós eólicos neste Concello por catro duros montaron o maior complexo da Galiza, e agora que digan os paisanos que os montes non valen para nada.Preguntar a Iberdrola.