O líder de Unión del Pueblo Navarro, Miguel Sanz, sorprende coa proposta á dirección en Madrid. Mariano Rajoy, asiste este xoves á toma de posesión de Sanz como presidente en Navarra.
Formalmente, as iniciativas sobre Nafarroa que lle corresponden ao PP son formuladas polos parlamentarios procedentes de UPN que, así e todo, permanecen integrados no Congreso baixo as siglas do PP.
Malia iso, o que desde este xoves repite oficialmente como presidente en Nafarroa, Miguel Sanz, opinou esta semana en entrevista no Diario de Navarra que UPN aspira a ter a curto prazo "voz propia" en Madrid. "Penso que a voz de Navarra no Congreso non pode estar exclusivamente no representante de Nafarroa Bai, xa que non ten a representación maioritaria no Parlamento", afirmou Sanz, "Estamos falando dun deputado de NaBai fronte aos catro que sumamos UPN e PSN, e o mesmo no Senado", reflexionou Sanz.
Paradoxalmente, o xiro de UPN fronte ao PP chega ao tempo que por outro lado, o PSN acaba de sufrir da imposición do PSOE para permitir o apoio á investidura do propio Sanz e evitar o pacto con NaBai.
Un pacto asinado en 1991
Na altura de marzo de 1991, Unión del Pueblo Navarro e o Partido Popular asinaron o pacto de colaboración "permanente" que estabelecía a integración de UPN no PP para sumar os votos dos conservadores en Nafarroa.
O acordo implicaba a total aceptación por parte de UPN das regras impostas desde Madrid pola dirección do PP, comprometéndose a seguir as políticas fixadas polos populares. A cambio, representantes de UPN accederon ao comité executivo do PP e por exemplo, un político de UPN aparece sempre en postos de saída para as eleccións europeas.
Máis información no Diario de Navarra: O PP estudará con Sanz que UPN teña voz propia no Congreso
Xa lles gustaría que lles deixasen...
Pues probablemente cuenten con menos problemas y más democracia interna que los críticos del BNG o los socialistas de Navarra...
merda de gaviotero, sen amigos, nun pais que non é o seu, intenta falar, máis só ladrar é o que fai, volta para españa e pon comentarios no abc, no mundo ou no pais, por decirche algúns, xa que a túa cultura é distrida por naturez.
santiagosavinhao, después de escupir la bilis límpiate, anda...
Tengo más amigos que tú. Vivo en Galicia y por tanto en un país, España, reconocido internacionalmente, no como tu calenturienta fantasía, y uno te llamo "mierda" como haces tú, que más que ladrar, rebuznas...
PD: Ya estoy en España...no sé cómo podría hacer para "volverme a España". Vuelve tú a la inteligencia, anda...
Gaviotero Gaviotero!! relaxa-te, A-R-G-U-M-E-N-T-A e nom espertes as pantasmas de Millan-Astray, Yague ou Arias Navarro e daqueles que, sinceramente, semelham os teus modelos...Se nom sabes de algo (no conhecemento interno do BNG ve-se que andas frouxinho, ja que trabalha cum sistema assemblear de democracia directa, velai as tangibeis e nom agochadas diferenzas de opiniom, saudaveis e absolutamente legitimas e normais, xaora que isto e algo que na tua mente TOTALITARIA semelha nom ter acubilhe)... A ver se construes um anaquinho redactado ARGUMENTANDO e RESPECTANDO aos interlocutor@s... Fai um esforzo que ja se ve que che custa pronunciar palavras como respecto, democracia, pluralismo ou veracidade, ja nom falemos de entender e exercer o seu significado....
Do que xa ninguen ten dubida e que Feijoo e o lider do PP con menos autonomia respeito dos Acebes,Zaplana, Aznar e Rajoy que mandan en Genova. Nunca o PPdeG tivo menos autonomia de Madrid, e actuou tanto en contra dos intereses xenerales dos galegos (boicot o estatuto galego, castelanizacion do ensino,etc)