Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PPdeG pide que o aparten da xestión municipal

Acusan de vertidos incontrolados a un concelleiro socialista en Portomarín

Os populares aseguran que os lodos industriais botáronse en terreos comunais e solicitan a intervención de Medio Ambiente.

Redacción - 09:30 17/08/2007

Os vertidos foron seguidos polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, o Seprona, que informou ao respecto á Consellaría de Medio Ambiente por se houbera lugar a denuncia por incorrecta xestión de lodos ou carencia de documentación.

Desde o PPdeG opinan que os vertidos son ilegais e que alén de facérense en terreos propiedade do propio concelleiro socialista tamén se realizaron en montes veciñais en man común no lugar de Vilaxuste. Os populares documentaron a súa propia denuncia con fotos onde aseguran que se constata a presenza de "numerosas balsas con lodos de depuradora mesturados cos puríns de cabana gandeira" e acusan o concelleiro socialista dunha práctica "irregular" con elevado "risco ambiental para a saúde pública e o medio ambiente".

Pola súa banda, os socialistas rexeitan as acusacións, aseguran que os permisos para os vertidos están en regra e atribúenlle a denuncia do PPdeG á recente derrota nas urnas no Concello de Portomarín, gobernado durante anos polos populares e agora baixo a dirección dunha alcaldesa do PSdeG.


1,33/5 (3 votos)


Comentarios (5)

ofarrinha #1 17/Agosto/2007 ofarrinha

Non lle sigades ó roio ós do partido popular, que non fan máis que dicir mentiras.
Non sabía eu que copiabades as novas doutros xornais.
A verdade é que me decepcionástedes hoxe cando lin o voso xornal.

Antes de publicar algo hai que contrastalo.

Tino #2 17/Agosto/2007 Tino

Como espabilan os do PP cando contaminan son os demais, seguro q algún do PP ten unha agra ou caso perto daí, senón non din nin pío.
Q denuncien os miles de casos das empresas dos seus afiliados!

Tino #3 17/Agosto/2007 Tino

Como espabilan os do PP cando contaminan son os demais, seguro q algún do PP ten unha agra ou caso perto daí, senón non din nin pío.
Q denuncien tamén os miles de casos das empresas dos seus afiliados!

Gaviotero #4 17/Agosto/2007 Gaviotero

No puede ser...será alguno del PP...¡Pero cómo van a hacer algo mal los socialistas o los nacionalistas! Que no, hombre, que no...que seguro que es un pepero fachuzo de esos que se come a los niños y construye ilegalmente por doquier...¡Ah! Y que encima mató a Bóveda, hundió el Prestige y mató a niños inocentes en la guerra de Irak...

ofarrinha #5 17/Agosto/2007 ofarrinha

GavioteIro... eu non digo que os do psoe ou os do bng non fagan nada mal....por suposto que co fan...e tódolos días...igual ca vós os do PP.

Eu só me pregunto pódesme dicir que fixo mal este socialista de turno...porque eu non o entendo....ou sexa, agora as fosas de lodos son ilegais!!!! Que eu saiba estas fosas están subvencionadas con cartos públicos nestas Parcelas de Man Común que está vilaxuste.

Ou sexa, nin puta idea meu!!

Igual que o Castiñeiras e moios máis por aí... que non fan máis que dicir chorradas...

O de viva españa...que viva....pero que chegue a vello e morra ..meu

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: