Malia as importantes compensacións económicas ofrecidas, Enresa non conseguiu Concello voluntario en todo o Estado para o cemiterio nuclear. Os ecoloxistas piden paralizar o proxecto.
Co anzol de fortes inxeccións económicas, a Empresa Estatal de Residuos Radiactivos, Enresa, contaba conseguir candidatos para o deseño do cemiterio nuclear centralizado onde soterrar os residuos radiactivos que xeran as centrais nucleares en funcionamento en territorio estatal. E porén, apenas o rexedor do pequecho concello zamorano de Peque recoñeceu publicamente o seu interese no proxecto que, debido á forte mobilización veciñal, tivo que descartar ao pouco tempo.
Inicialmente, o goberno español comprometérase a estabelecer un proceso de consulta na procura dun amplo consenso social para a xestión dos residuos nucleares. Na práctica, a única manobra foi a oferta aos municipios de gorentosas compensacións económicas. A estratexia fracasou e en diversos lugares onde se apuntaba a posibilidade de seren candidatos ao cemiterio nuclear, producíronse finalmente declaracións institucionais desde deputacións, concellos ou gobernos contra esa posibilidade.
"A estratexia de Enresa de conseguir vontades a base de cartos públicos e á marxe dos cidadáns, fracasou estrepitosamente", opina Carlos Bravo, responsábel da campaña sobre enerxía nuclear do colectivo ecoloxista Greenpeace. "O goberno español debe entender que para conseguir un amplo consenso social arredor do problema dos residuos radiactivos debe poñer en marcha antes o prometido plan de peche das centrais nucleares", subliña Bravo. Os representantes insisten en que a outra estratexia, tirar de "talonario" para conseguir candidato a vertedoiro, é "inmoral".
Para lembrar este asunto pendente, Greenpeace organizou este domingo en Burgos unha "bicicletada antinuclear". A central nuclear de Garoña, en Burgos, é precisamente a que os ecoloxistas consideran que é máis urxente pechar.
E mira que hai lugares controlados 100% en plan caciquil. Pásalles como ós do exército: nunca cumplen as previsións de reclutamento, nin con mercenarios! (E mira que hai pobreza!). Por qué sera?
O que pasa e que estas compensacións polos cemiterios nucleares ofrécenllas aos concellos por iso non teñen éxito. Que fagan como as inmobiliarias, e unten directamente a alcaldes e concelleiros xa verán como empezan a sair candidatos como cogumelos para guardar os residuos atómicos.
So falta que o traian para Galiza, ainda por riba que temos un ceminterio nuclear a 700km da costa galega, e a bomba de reloxeria do Prestige afundido diante da nosa costa con toneladas de fuel no seu interior.
Se non se lembran de nos para traer AVEs ou outras inversions, que nos deixen tamen en paz para as cousas negativas,que aqui somos poucos, e sufiente temos xa coas eolicas e hidraulicas.
Por loxica deberia estar en Madrid, pq e o sito mais centrico, mellor comunicado, con menos riscos de tsunamis, terromotos (a zona sur e zona con maior risco de terromotos), e ademais e donde vive mais poboacion e estan a maioria de empresas instaladas.