Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil

Edición xeral

RSS de Edición xeral
Solicitan un plan para esta especie

O PPdeG acórdase do castiñeiro

Despois de anos no executivo sen atender as críticas polas políticas forestais desenvolvidas, o PPdeG presenta unha inédita proposta na que recoñece a "forte regresión" do castiñeiro no país.

Redacción - 09:30 20/08/2007

E porén evitan os populares na súa proposta calquera detalle de autocrítica e atribúenlle o retroceso experimentado por esta árbore en Galiza a factores coma "o abandono dos soutos no medio rural polo descenso de poboación, a incidencia dos lumes forestais e tamén a presenza de enfermidades como a tinta e o chancro"

Xa que logo, o PPdeG rexistrou no Parlamento unha proposición non de lei onde lle pide á Xunta un "plan especial para a protección e difusión do castiñeiro". Como aval da proposta sinalan a "tripla funcionalidade" da árbore: "contribúe a frear os incendios, produce froitos comercializábeis e a súa madeira é moi apreciada no mercado".

Ademais, o voceiro para asuntos do medio rural do PPdeG, o ourensán Roberto Castro, pide a creación dun censo de castiñeiros para deseñar un programa de repoboación.

2,6/5 (5 votos)

Comentarios (10)

afonsoriscos #1 20/Agosto/2007 afonsoriscos

Manda truco con estes, despois de inundarnos durante anos con millóins de eucaliptos e de subvencionar o abandono de explotacións que remataron plantadas de xeito salvaxe e irracional, saen con esto. estaría ben se de verdade creran no que din.

Gaviotero #2 20/Agosto/2007 Gaviotero

Como si los del bigobierno actual no estuvieran plantando eucaliptos a troche y moche...bueno, eso donde han dejado el bosque sano tras haber sido culpables de los incendios del año pasado, según el informe de la Fiscalía.

cdrc #3 20/Agosto/2007 cdrc

Saúdos!

Valoro em positivo a nova, desde logo umha grata surpresa, a ver se isto deriva dumha protecçom de todos os soutos galegos ainda bem conservados. O seguinte passo, as carvalheiras.

E o eucalipto... bom, verdade que se segue plantando por desgraça, e si que o bipartito fai a vista gorda... pero sou optimista no referente ao eventual cámbio na política florestal, desde logo, qualquer passinho como este será bom.

Sentidiiiiiiiiiiinho!

Sara_Mago #4 20/Agosto/2007 Sara_Mago

Cousas leredes... Como continuem muito tempo na oposicom vam rematar por pedir a independeca da Galiza! XD

Mas o PP, entre outra muitas cousas, e culpavel da destruicom florestal da Galiza e isso, isso vai ser dificil de perdoar. Vam ter que prantar mil castinheiros cada um... polo menos. Venha, colhede o sacho lacacans gavioteros!

Gaias #5 20/Agosto/2007 Gaias

Menudos hipocritas. 16 anos de persecucion contra o castiñeiro, e agora acordanse del. Vamos anda!

ecoe #6 20/Agosto/2007 ecoe

Trátase seguro, pois as suas ideias veñen de polo menos unha centuria anterior, de algún interese que acaban de descubrir, pois a contrastadísima experiencia das suas ideas de tan lonxíncua soleira, e tras de máis 16 anos -máis aínda que os do "progresismo" felipista pesoeiro- no timoneiro desta balsa de pedra, somente pode resultar do máis verídico que teñan pensado sustituir o negocio eucalipteiro, xa hoxe en grande deterioro e con posibilidades de desaparición por inanición nos seus antergos feudos continentais.
Esa será a razón pola que AGORA tocarían CASTIÑEIROS: SÓ POLO SEU INTERESE! Malia deva!

jujolor #7 20/Agosto/2007 jujolor

si fora por eles seguirian, ca plantacion de eucalito, eles e coma eles algunhos mais son os responsabeles do que lle acontece a nosa patria GALIZA, nunca mais eles.

Barcelos #8 20/Agosto/2007 Barcelos

O PP bota de menos as "castañas" que recibía da oposición.

Manel #9 22/Agosto/2007 Manel

4000 PERSOAS TAMÉN É NOTICIA

4000 persoas maniféstanse no oriente ourensán a pasada fin de semana demandando o trazado da a A-76.
Zapatero estará na Fonsagrada o sábado segudo informan todos os xornais o día de hoxe. Lamentamos que estas dúas noticias se vexan escurecidas en Vieiros pola elección da canción do verán.

Como nacionalista e de esquerdas lamento que este " presunto" xornal vaia camiño de converterse nun planfleto.

A redacción de Vieiros foi informada en moitísimas ocasións polo menos do primeiro dos feitos (a mobilización en tono á A-76). Vieiros foi no pasado un medio crítico e independente. Non entendo esta nova etapa na que parece que este xornal se prega ao poder subscribindo moitos debates estériles e desatendendo a colectivos que hai só catro anos serían o ariete co que o nacionalismo mediático cargaría contra a administración Fraga. Se imos volver á época das pleitesías non pagou a pena o cambio. Só pido que Vieiros recupere o espírito critico e a súa plena independencia. Está moi ben o culto á personalidade dun líder concreto (Quintana por exemplo) máis cómpre non olvidar ao pobo co risco de que este medio se convirta nun foro de reunión de catro pseudointelectuais ao abafo do poder.

Manel #10 22/Agosto/2007 Manel

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: