Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O PP non investiga o acontecido

Rajoy deixa en "erro" a polémica coas listas do PP vasco

A Xustiza decidirá sobre o caso da inclusión de veciños sen o seu consentimento. O PSdeG considera a Rajoy e a Feijoo "cómplices de falsificación".

Redacción - 09:30 20/08/2007

A atribución do acontecido a un simple erro, tal e como expresou o presidente do PP, Mariano Rajoy, esta fin de semana, é segundo o secretario de Organización do PSdeG, Ricardo Varela, un exemplo de "desvergonza impropia dun dirixente político". Varela lembroulle a Rajoy que a falsificación de sinaturas para incluír veciños do Grove en listas do PP vasco é un feito dunha "extraordinaria gravidade, sen precedentes coñecidos na nosa historia democrática".

Por este motivo, e debido ao distanciamento dos presidentes do PP e PPdeG ao respecto, o voceiro do PSdeG cualificounos de "encubridores de delitos tipificados no Código Penal". Insiste Ricardo Varela en que os populares deben "depurar responsabilidades políticas" e esixe "dimisións". "Non pode volver producirse un escándalo coma este que deteriora a imaxe de Galiza", afirmou.

Durante a fin de semana, Mariano Rajoy referírase ao caso coma un "erro" do que dixo desexar que "non se volva producir". "Non é algo do que ninguén poida estar orgulloso, pero agardo que as cousas se resolvan o máis axiña posíbel", dixo Rajoy.


0/5 (0 votos)


Comentarios (9)

Boedense #1 20/Agosto/2007 Boedense

Un episodio lamentable. Moito botan a pacer a lingua coa defensa da sacratísima Carta Magna, xudicializan a política cando lles convén... pero cando cometen un delito como é o caso que se nos presenta atribúeno a "erros". Que pouco crédito ten o PP!!!!! Menos hipocresía, señor Rajoy.

afonsoriscos #2 20/Agosto/2007 afonsoriscos

NON SEI DE QUE NOS ESTRAÑAMOS, CARRETAXES, VOTO POR CORREO DE XEITO "SOSPEITOSO", PRESIÓNS E MEDO A MOITA XENTE PARA ACADAR O VOTO, FAVORES POR VOTOS, ETC. A MAFIA PEPERA TEN MOITOS XEITOS DE SE ASEGURAR UN OCO NO ESPAZO POLÍTICO. NUNCA MÁIS PARTIDO POPULAR !!!

guillerme #3 20/Agosto/2007 guillerme

Un erro... JAJAJAJAJAJAJA. Un erro é que sigamos pertencendo a ese país de hipócritas e mentirosos, un erro é que se lle permita a este partido presentarse as eleccíons do noso país.

Agora que dis gaviotero? Cres no erro?

Gaviotero #4 20/Agosto/2007 Gaviotero

Pues te digo, guillerme, que entiendo perfectamente que a totalitarios como tú no les guste que un partido democrático como es el PP (bastante más que otros que se presentan en Galicia, por cierto...) se presenten en Galicia y encima ganen las elecciones con más de 10 puntos de diferencia sobre el siguiente partido y más del doble, casi el triple, que el apéndice nacionalista de los socialistas.

Lo que me extraña es el interés que de repente os ha entrado por el bienestar de los afiliados del Partido Popular.

Pero sí, probablemente y salvo que se demuestre lo contrario (en un Estado de Derecho hay que probar la culpa, que no la inocencia), todo sea fruto de un error.

Lo que no me parece que sea un error ni una casualidad es que algunos de estos afiliados se estén prestando al juego de la izquierda y del nacionalismo.

Pero no hace falta que os preocupéis tanto por las gentes del Partido Popular, porque ya sabemos que vuestro interés por nosotros es meramente utilitario con el fin de intentar erosionarnos.

No obstante, cuando no se tiene programa, ni proyecto ni nada, como le sucede al bigobierno socialista y su apéndice naci, es comprensible que os agarréis a cosas así como a un clavo ardiendo...

Gaviotero #5 20/Agosto/2007 Gaviotero

Curiosa la vara de medir del Sr. Varela...que un partido presente por error a alguno de sus afiliados en listas del País Vasco es un hecho de extraordinaria gravedad.

Y entonces, Sr. Varela...¿pactar con la ETA? ¿o montar un grupo terrorista como se montó desde un gobierno socialista? ¿es esto del Grove más grave que enrrunar de cal viva a dos personas inocentes después de haberles sacado las uñas y haberlos torturado hasta morir? ¿Y lo del tiro en la nuca por parte de ETA? ¿Le parece más o menos grave que esto?

El_pastorrr #6 20/Agosto/2007 El_pastorrr

Buh gaviotero, ehí diches unha exemplo maxistral de demagoxia, ou de que carallo terá que ver unha cousa ca outra... O interese claro de BNG, PSOE e o resto de partidos pola xente do PP é ben clara, quitarlles o votiño, como do PP polo resto.

Sara_Mago #7 20/Agosto/2007 Sara_Mago

"logica" do fascismo gavioterista espanhol: "como existe ETA todo lo demas no importa. podemos ser corruptos y mafiosos lo que nos de la gana porque exite ETA"

guillerme #8 20/Agosto/2007 guillerme

´´entiendo perfectamente que a totalitarios como tú no les guste que un partido democrático como es el PP``... jajajajaja JAJAJAJAJAJA, gaviotero, non sexas falso anda, recoñece os vosos erros e mentiras,ou e que sodes perfectos? pois respóndoche eu, non, non o sodes; en Ceuta e Melilla comprabades votos, en Galiza carretades xente (e non o negues porque eu mesmo o vin) e en Euskadi, como ninguén se quere presentar polo voso partido de fascistas tedes que levar xente doutros países, sodes verdadeiramente penosos.

E despois somos nós os totalitarios, pois polo menos os meus candidatos non son descendentes de altos cargos de Franco (como aznar...) e por agora non fostes capaces de demostrar ningunha fraude, que xa vos gustaría descubrila.

Gaviotero #9 21/Agosto/2007 Gaviotero

Aqui los que no reconocen ni un solo error ni una sola mentira son los socialistas y sus serviles alfombrillas bloqueiras.

Podían empezar reconociendo lo dicho por el informe de la Fiscalía y el montaje ese que nos intentaron vender de la trama de incendiarios.

Y vosotros, los nacionalistas, podíais empezar reconociendo que Galicia no es una nación...Pero entiendo que pediros que reconozcáis la realidad es mucho pedir.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: