Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
GRATIS DURANTE A FASE PILOTO

A primeira rede Wimax pública galega estará no Courel

A Xunta quere estender a outros municipios rurais a súa rede sen fíos, que é presentada este luns no Mosteiro de Samos

Redacción - 09:30 20/08/2007
Mosteiro de Samos / Turgalicia

Mosteiro de Samos / Turgalicia

Dispor dunha tecnoloxía propia para levar internet de alta velocidade ás aldeas que non entran nos plans das operadoras e do Estado. Este é un dos obxectivos da Xunta coa próxima posta en marcha da súa primeira rede Wimax no Courel. Este luns pola noite será presentada aos veciños de Samos e Folgoso de Caurel a fase piloto do despregue.

Medio Rural organizou unha sesión de cinema ao aire libre no Mosteiro de Samos para explicar as vantaxes desta rede que, na súa fase inicial, será de carácter gratuíto.

Servizos para o rural
Ademais, a Consellería lanzará un portal con aplicacións de telemedicina e comercio electrónico, entre outras. Trata así que os veciños do rural dispoñan de ferramentas útiles que lles fagan atractivo o uso da arañeira.

A posta en marcha desta iniciativa pode supor un importante paso adiante na superación da fenda dixital da Galiza rural, pois a Xunta pretende estender a experiencia do Courel a outros municipios rurais.


4.57/5 (7 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: