Durante dous días, segunda e terza feira, a vila de Melide volverase encher de xogos dos de toda a vida. Tamén vai haber un campionato de tira-pedras.
As dúas actividades pretenden recuperar os xogos tradicionais da comarca, mais tamén conseguir que sexa posíbel que os espazos de xogo tradicionais do casco histórico da vila de Melide volvan ser utilizados para xogar.
Todo isto está organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, e a rede Brinquedia, e dentro das festas de verán da vila cabeceira de comarca, vaise tentar pór en valor as prácticas lúdicas tradicionais da zona, recuperar os espazos tradicionais de xogo do casco histórico da vila, que é historicamente un inmenso campo de xogo, até que chegaron os automóbiles.
Precisamente por iso en cada unha das moitas prazas e dos recunchiños case esquecidos da vila poderán practicarse un bo abano de xogos, entre os que destacan o Tiro á lata -xogo xenuíno da Terra de Melide- ou o Lanzamento de boina.
O I Campionato de Tirapedras da Galiza Central
Este campionato, no que mesmo están apuntados xogadores de fóra de Galiza, quere recuperar a construción e a práctica desta arma popular. Cada participante levará o seu propio tirapedras, aínda que este debe cumprir unha serie de características marcadas pola organización.
As probas realizaranse sobre cinco dianas fixas e móbiles, e os premios -para as categorías menor de 14 anos e maior de 14 anos, sen distinción de sexo- consistirán en artesanais tirapedras-trofeo elaborados por carpinteiros e xoieiros da zona.
Armar ao pobo?
Onde está a lei antiterrorista?
As dianas fixas: Os cristais do concello.
As diana móbiles: O alcalde e os concelleiros.
carallo barcelos!.. ti de todo sacas para levalo a tua teima!.. o dia que monten un campionato de fregona seguro que tamen! probaches ir a un psicologo?
Probei. É moi caro. Non o subenciona a S.S.
É evidente que non estou de acordo coa iniciativa e preferín usar a retranca a usar a tranca.
Un campionato de fregonas pareceríame máis adecuado e ata educativo.
Por suposto non teño nada contra Melide nin contra o seu concello. É unha forma de tomarse as cousas de carallada, en lugar de á peito.