Desde a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia din ver unha "campaña de difamación" contra eles. Por parte ecoloxista, Adega convida a realizar análises independentes.
"As imputacións son absolutamente infundadas e só responden ao descoñecemento da actividade e á manipulación dirixida por determinados grupos ecoloxistas". Así defendían este luns a súa actividade os empresarios produtores de rodaballo nun comunicado onde rexeitaban o presunto impacto ambiental das súas factorías.
"Proba diso é que nunca se interpuxo denuncia algunha ante os tribunais", aseguran desde a Asociación de Produtores de Rodaballo de Galicia, Aroga, en defensa da súa actividade. "É imposíbel manter aberta unha granxa que non sexa impecábel nos seus vertidos, dada a dureza da lexislación que se aplica", aseguran. Ao tempo, consideran que o propio sistema de funcionamento os avalaría, xa que captan auga do mar para o cultivo do peixe, de xeito que calquera vertido que eles mesmos fixesen "sería reabsorbido" resultando mortal para os peixes da planta.
Como exemplo de boa práctica destacan que "xusto diante do tubo de vertido dunha das maiores granxas do mundo", en referencia á piscifactoría de Lira, estea a primeira reserva mariña de Galicia. De paso, salientan que o sector creou até 400 postos de traballo no país.
Retrucan os ecoloxistas
Ao argumento anterior de Aroga, desde a Asociación de Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, respondían este mesmo luns que as piscifactorías realizan esa captación de auga mariña "no punto máis afastado posíbel" do lugar onde elas mesmas fan os seus vertidos. Ao respecto, os ecoloxistas proporcionáronlle aos medios unha foto sobre as instalacións en Cabo Vilán onde se comprobaría este proceder.
Xa que logo, Adega insiste en que os proxectos acuícolas non contan con estación de augas residuais e provocan unha elevada contaminación orgánica da auga mariña, destruíndo ecosistemas mariños próximos. Expoñen tamén análises realizadas polas universidades da Coruña e Santiago segundo as cales se comprobou o uso de agresivos produtos químicos para a limpeza de tanques "que tampouco reciben ningún tratamento".
Por outra parte, recordan que Augas de Galicia non realiza controlo de augas residuais destas piscifactorías. Ao fío, e despois de pedir a intervención do Valedor do Pobo para acceder á información, Adega lembra que até 27 piscifactorías non dispoñen de permiso definitivo de vertido.
Fronte a esa situación, desafían aos produtores de rodaballo a que organismos independentes realicen as súas propias análises, con presencia de ecoloxistas e de empresarios do sector, e que se fagan públicos os resultados.
Agora q os produtores teñen a mosca detrás da orella van-se-lle facer análises às factorias? Seguro q dan augas purísimas, mesmo mellor q as naturais do própio mar.
Vai a ser por eso que tanto medo teñen á recirculación de auga nas instalacións. Que construian as piscifactorías en circuito cerrado, xa que tan limpos son os verquidos. Outra cousa que ten mérito é dicir que contan cos permisos de Augas de Galicia: se máis da metade son ilegáis, habería que parar a producción. Ou urbanísticamente irregulares, como a de Oia (por certo, galardoada no plan cunha ampliación, está visto que neste país practicar a delincuencia urbanística ten premio).
En canto ó dos postos de traballo, é unha mentira demasiado grande para discutir nada máis.
¿Por qué non falamos de subvencións públicas, Sres. Conseguidores Acuicultura?¿Por qué non falamos do máis que probable millón de euros que vostedes van a recibir por cada posto de traballo "creado"? (mentira, a acuicultura non está a crear emprego, senón que o estamos a mercalo con cartos públicos a precio de ouro).
Sres da Acuicultura, ¿por qué non nos contan como ameazan e coaccionar ós paisanos con "expropiacións forzosas"? Gustaríame que se botase a mans ás hemerotecas para lembrar que o Sr. Cacique Pablo García, xerente de Stolt Sea Farm, ameazaba desde as páxinas dun xornal con expropiacións a tólolos propietarios que non quixeran ceder terreos para as súas granxas.
Entérense, Sres. Piratas da Acuicultura: vamos a botalos a vostedes e ás súas mentiras de Galicia. Non están solos os ecoloxistas nesta loita, senón que hai moitos cidadáns anónimos cansos de chantaxes, ameazas e subvencións multimillonarias.
Non ó expolio acuicola de Galicia !
De momento, los ecologistas no han presentado ninguna prueba. Ni la presentarán...sus campañas suelen basarse en infundios estúpidos. Ay, estos ecologistas de salón y subvención, mientras sigan viviendo del cuento y de la subvención...no hay nada que hacer con ellos.
Ahora en Castilla-León tienen una plaga de topillos que les está destrozando la agricultura, medio de subsistencia de buena parte de la población rural, por culpa de los ecologistas que el año pasado se opusieron a cualquier medida de erradicación de los topillos...
Lo peor para la ecología y el medio ambiente, sin duda alguna, los ecologistas. Especialmente, cuando reciben subvenciones de los gobiernos por su actividad.