Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Bos Aires

Edición xestionada por Débora Campos
RSS de Bos Aires
O astro arxentino, de visita en Venezuela

"Eu creo en Chávez, eu son chavista"

O futbolista arxentino Diego Maradona acompañou ao presidente venezolano no seu programa. Apoiou ao mandatario e dixo: “Medrei con moitas mentiras por parte dos imperialistas; entón, todo o que fagan Fidel Castro e Chávez será para min o máximo".

Débora Campos - 12:00 21/08/2007

"Eu creo en Chávez, eu son chavista”, dixo esta fin de semana o futbolista arxentino Diego Maradona durante o programa que protagoniza o presidente de Venezuela, Hugo Chavez,Aló Presidente”. O deportista participou coma convidado na audición e repetiu alí o apoio ao mandatario e ao lider cubano Fidel Castro: “Son chavista porque eu tamén medrei con moitas mentiras por parte dos imperialistas; entón, todo o que faga Fidel Castro e todo o que faga Chávez será para min o máximo neste mundo que quere gobernar o asasino de George W. Bushen, o demo como lle dixo o mestre", engadiu en referencia a unhas vellas declaracións de Chavez.

Maradona acompañou a Chávez durante a emisión de "Aló Presidente", o programa de televisión que o mandatario conduce todos os domingos desde diversos lugares do país do Caribe. O futbolista situouse na platea do complexo cultural Teatro Teresa Carreño, no centro de Caracas, desde onde se transmitiu o programa esta fin de semana.

Cando ingresou á sala, o astro foi ovacionado polo público e ao comezar o seu programa, Chávez subliñou o seu saúdo "ao pibe de ouro, Diego Armando Maradona". De contado, o presidente venezolado dixo que Maradona é "amigo, non só no persoal, senón desta terra e os pobos", e salientou que "hoxe, a Arxentina e Venezuela están máis unidas que nunca".

"Estou contentísimo de volver a Venezuela polo agarimo dos venezolanos, porque vexo que cada vez a xente venezolana convéncese máis do que é vostede e do que son os ianquis", díxolle Maradona ao presidente.

O futbolista, que chegou ao país para descansar, rematou: “Temos que apoialo e deixar todo o que temos para defender a nosa terra, o que nos queren quitar, porque se vemos a Fidel e a Chávez, a forza que lle poñen eles, nós non nos podemos quedar atrás, temos que loitar xunto a eles". Antes de sair dalí, agradeceu: “Grazas polo agarimo e ata a vitoria sempre", despediuse.


4,5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: