Paris Joel reúne nove artistas nun concerto que servirá, asemade, de reunión entre un grupo de amigos.
O cantautor sadense Paris Joel
O venres 31 xuntaranse en Sada nove cantautores para participaren no Sadautor 2007, un encontro que terá unha parte musical e outra propiamente festiva. A idea partiu do músico sadense Paris Joel, como un xeito de argallar unha reunión entre profesionais que, normalmente, andan espallados. “Trátase de facer unha festa entre todos”, explicou o cantautor.
Así, a partir das nove da noite actuarán na praia de Sada Carlos Bau, César de Centi, Paris Joel, Jeaninne Belgrave, David Taboada, Pablo Rubén Fernández, José Luis Paz, Danieme e Ángel Sandoval. É o primeiro encontro deste tipo que se organiza en Galiza e, de feito, case todos os participantes son do país, agás a francesa Jeaninne Belgrave.
Segundo explicou Paris Joel, todos teñen en común ligazóns de amizade e, ademais de tocaren, terán despois un encontro en que falarán entre eles e farán balance de todo o ano. Pero, sobre todo, será unha festa á que está convidado todo o mundo.
Gustaríame ser xusto: eu son de Lugo, pobriño de mín. O que reside en Madrid, aínda que orixes hercúleos é o gran Danieme.
Pero ademáis quería engadir que será unha gran festa que non vos podedes perder, poucas veces se viu a tantos cantautores galegos xuntos e tan variados.
Alá nos vemos, lume!!
Falta facía que se fixera unha xuntanza de cantautores en Galiza, un xénero ó cal a clase política débelle moito e que pronto esquencéronse de eles, coma diría Arsenio: Non todo vai ser rock! Ademáis o cartel parece moi bo, hai xente de Madrid, de Lugo, de USA, e moitos de A Coruña ademáis de Paris que é de Sada.
Non o perdo!!!