Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Informe "Incendiarios"

Do "irresponsábel" ao "interesado": oito perfís de quen queima o monte

Só se detén o 1% dos responsábeis dos lumes forestais, e apenas o 20% deses detidos acaba sendo xulgado por delito de incendio, quéixase Greenpeace.

Redacción - 12:30 22/08/2007

Velaí a galería de personaxes cos que o colectivo ecoloxista lle quere poñer cara á tipoloxía máis común de incendiarios. Para facelo, peneiraron datos do Ministerio de Medio Ambiente dos anos 1996-2005. Así, e aínda laiándose da altísima porcentaxe de lumes dos que se descoñece responsábel, sinalan as seguintes cifras:

-O labrego irresponsábel, "que coas súas periódicas queimas de restroballos causa o 31% dos lumes e o 13,9% da superficie queimada"

-O gandeiro inconsciente, "que coas súas queimas para a rexeneración de pastos causa o 21,5% dos incendios e o 26,5% da superficie queimada"

-O mal cazador, "que provoca lumes para favorecer determinadas especies cinexéticas, causando o 2,1% dos lumes e o 4,37% da superficie queimada"

-O imprudente, "que coas súas fogueiras e cigarrillos mal apagados causa o 6,7% dos incendios e o 7,8% da superficie queimada"

-O pirómano, "persoa trastornada sen intención de facer dano pero que provoca o 7,5% dos incendios e o 4,9% da superficie queimada"

-O asocial conflitivo, "persoa altamente conflitiva, con problemas de integración social e de drogodependencias que provoca o 3% dos incendios e o 4,6% da superficie queimada"

-O interesado, "cidadáns que buscan aproveitárense dos efectos dos incendios forestais por diversos motivos e que xeran o 0,6% dos incendios e o 0,3% da superficie queimada"

-Don Importante, "desde o seu despacho e coas súas decisións provoca o 2,6% dos incendios que causan o 6,7% da superficie queimada"

Advirte Greenpeace da "sensación de impunidade" que prende na cidadanía ao respecto do problema dos incendios e salienta o colectivo que de poucos dos grandes incendios provocados se conseguiu deter os responsábeis.

O informe propón aumentar a coordinación e eficacia policial, aumentando os medios para a investigación dos lumes e a dotación de fiscais para encargárense dos casos. Ademais, subliñan a importancia de "insistir na colaboración cidadá" como vía para descubrir os incendiarios. Tamén chaman a estabelecer sancións directas e multa para as persoas xurídicas das que se demostre a súa intervención en delito de incendio forestal. "É imprescindíbel para erradicar posíbeis beneficios que puidesen derivarse dos lumes", avisan.


5/5 (3 votos)


Comentarios (14)

OBSERVADOR #1 22/Agosto/2007 OBSERVADOR

Imos ver:

- Se essas percentagens se verificam na realidade, então todos os labregos e gandeiros deviam estar em acção o ano passado (além dos pirómanos e associais, que desses alguns já foram detidos). E os mesmos que no ano passado causavam tantas cinzas e fumaça, este ano estão quietinhos e não queimam nada. Ou o do verão passado era tudo causa do Solzinho e o calor??

- Se Greenpeace pode elaborar uma estimação das causas dos incêndios em percentagens como a deste artigo, isso será porque PERGUNTOU E FORAM RESPONDIDOS, buscaram e encontraram, biblicamente. Portanto, que mais colaboração cidadã querem?

- Se se sabe isso tudo, e se isso é verdade, por que a polícia não o sabe? Todos os incêndios são pequenos, no seu início. É tudo causa de que não é fácil de demonstrar quem é o que prende o lume?

- Diz Greenpeace (em boca de Vieiros) que «é imprescindível para erradicar posíveis benefícios que pudessem derivar-se dos lumes». Por que diz isto, depois de dar a conhecer os perfís dos possíveis causantes? Já sabemos os benefícios que pode obter um labrego ou um gandeiro com as queimas necessárias, o que não sabemos é que benefícios pode obter pela queima de centos de hectáreas de monte... E o pirómano? E o associal? E o mal caçador?

Não. Acho que a chave estará no interessado e, sobretudo, em Dom Importante. A eles é a quem havia que perguntar que benefícios obtêm com os lumes. Mas este ano andam por Canárias, ou têm gabinete-móvel ou o gabinete está noutro lado, mais centrado ainda.

alberte #2 22/Agosto/2007 alberte

a clave da interpretación deses datos está en: 'peneiraron datos do Ministerio de Medio Ambiente dos anos 1996-2005'. Na Galiza o feito de rozas mediante queimas, por parte de labregos e labregas, non é unha prática habitual. Si o foi en tempos, pero na actualidade non pode cadrar coas porcentaxes que aporta greenpeace.

OBSERVADOR #3 22/Agosto/2007 OBSERVADOR

Obrigado pelo esclarecimento, Alberte. Já dizia eu que havia gato encerrado.

angarati #4 22/Agosto/2007 angarati

Témome que de investigarse todos eses incendios dos que non se sabe responsable a porcentaxe maior sería a do INTERESADO: "cidadáns que buscan aproveitárense dos efectos dos incendios forestais por diversos motivos"

Gaviotero #5 22/Agosto/2007 Gaviotero

Cuando se producen incendios debido a la falta de políticas de prevención y extención adecuadas, los políticos suelen ser lo suficientemente ágiles para hablar de incendios intencionados. De hecho, incluso los incendios causados por descuidos (una lata que se deja en el monte o un rastrojo mal quemado) se consideran "intencionados".

Como dejó bien claro la Fiscalía, ni son tantos los incendios intencionados ni hay tanto pirómano suelto.

El problema es que hay gente como el Sr. Suárez Canal, que para intentar disimular su incompetencia y su RESPONSABILIDAD en los incendios del año pasado, se ven obligados a crear supuestas tramas incendiarias de gente que les tiene mucha manía y de las que luego nunca se sabe nada porque nunca existieron más que en su diabólica y calenturienta imaginación.

Añadamos, pues, otro perfil de incendiario más:

- El consejero ineficaz y resentido.

haiqueroelo #6 22/Agosto/2007 haiqueroelo

Suarez Canal é o conselleiro mais EFICAZ dos que ata agora tiveron responsabilidades contra os incendios. O ÚNICO que realmente comezou a introducir politicas de PREVENCIÓN.

Barcelos #7 22/Agosto/2007 Barcelos

Este verán non houbo incendios porque a Xunta foi eficaz. Limpou as ladeiras das estradas e sobre todo, o máis importante, conseguiu que chovese.

Sen o último non se se o conseguiría.

Solución: Choiva.

El_pastorrr #8 22/Agosto/2007 El_pastorrr

Nunca vin a Suárez Canal falar de tramas, o que si lle escoitei é falar de prevención, de cambiar un modelo basado na extinción e no cultivo de especies pirófitas, por outro modelo que poña en valor o noso monte.

eugalego #9 22/Agosto/2007 eugalego

Som froito da corrupçom urbanística e política. Coma em Vigo, cada vez menos espazos verdes, menos zonas verdes, menos árbores.

Piores paisaxes, máis e máis urbanizaçons, por motivos especulativos, xa que o custo dumha vivenda é inasumivel. Máis edifícios, máis cemento, é máis cartos pra os corruptos capitalistas.

Gaviotero, pra especuladores, incompetentes, paletos e vasalos de espanhois xa te temos a ti. Vai a Madrid ou a Burgos, a prestar vasalaxe, lamber bem os cus dos espanhois de primeira, falar sem acento galego e ir-te ao caralho dumha puta vez.

ulo #10 23/Agosto/2007 ulo

Enton, quenes son os do 80% restante. Non serán os especuladores de todo tipo, os que especulan co prezo do eucalipto, que o ano pasado levaba moito tempo a baixa e perdian diñeiro. Non serán as madereiras, que agora poden mercalo a baixo prezo, unha vez queimado. Non serán os especuladores do chan.???
E, non caso concreto do ano pasado, non será a estructura municipal do PP, fascista ata medula, que a utilizou como arma de "guerrilla" contra un goberno que non lle gusta e co que ten que pactar agora????
Pero non se preocupen, nin a Xunta nin a xustiza estan interesadas en meter a mán neste avispeiro. Entre outras cousas porque é "facer politica", e os lumes non son cousa politica, e porque evidentemente non hai nengunha orde escrita por ninguen de facer o que se fixo, só se avalou dende a prensa, desviando os tiros.
Na manifestacion de Nunca Máis do ano pasado, co gallo dos lumes, o que era claro para todos é que catro tolos non podían facer os estragos, e da maneira planificada que se fixeron.
Mais todos puxeronse as mans de que, a dia de hoxe, non saíbamos que pasa co 80% restante dos lumes que se deron.

Gaviotero #11 23/Agosto/2007 Gaviotero

No insistas, eugalego. No pienso irme porque estoy en mi país, España, del que no me echará ningún totalitario fascistoide como tú.

Barcelos, has dado en el clavo...no le he tenido en cuenta al "pirómano" o "terrorista incendiario" Suárez Canal, que así es como él y los suyos llamaban a los del PP, su capacidad para hacer que lloviera este año en Galicia.

Respecto a lo que dice uno por ahí de que Suárez Canal fue el mejor de los Consejeros y que hizo más labor de prevención que ninguno y bla, bla, bla...lo remito al informe de la Justicia, según el cual el año pasado se desatendieron labores de prevención básicas como el desbroce de las vías terrestres, aparte de otras cuestiones como la no contratación de brigadistas por el hecho de no tener un título de gallego de la Xunta o la no contratación de los servicios del Ejército para ahorrarse los miserables 36.000 euros que eso suponía...

Este Suárez Canal sigue en el gobierno gallego porque tanto él como su jefe, Quintanilla, tienen la cara de hormigón armado y les importa Galicia, el medio ambiente y la ecología un huevo...

ulo #12 23/Agosto/2007 ulo

Unha cousa gavioteiro, e non penso entrar na túa discusion, por non me interesa escoitar o que podo escoitar no Mundo, a COPE, ou mesmo no País ou A Voz. Só é unha afirmacion clara
A túa prepotencia de dicer que "estas no teu país" choca coa miña opinion de que isto non é España. Coas túas palabras xa demostras como o resolverías tí ista contradiccion, como resolveron fai 70 anos os teus admirados falanxistas e franquistas, o bestia e a forza.
A diferencia, "demcrata orgánico", é que eu quero que o pobo galego decida se quere ou non seguir, o decida directamente, votando nun referendum, non indirectamente.
O día que admitas ista posibilidade de decider, falaremos. Mentras, pois iso, ata nunca.

Gaviotero #13 24/Agosto/2007 Gaviotero

ulo, soy al menos tan demócrata como tú. Lucho contra los que amenazan la libertad. Y muchos de los que hoy luchan contra los nacionalismos fueron presos de las cárceles franquistas.

De modo que el hecho de que tú me acuses de franquista es tan gratuito e inexacto como probablemente el hecho de que yo te acusara a ti exactamente de lo mismo.

El pueblo gallego decide libremente en cada elección que las fuerzas nacionalistas no supongan ni el 20% de los votos. Pero es que, además, los gallegos votamos una Constitución por la cual el único pueblo soberano es España.

¿Que a ti te gustaría que fuera el pueblo gallego? Lógico, siendo nacionalista...Como a muchos vigueses les gustaría que fuera el pueblo vigués...y así llegaríamos hasta las patrias unipersonales, que serían un sinsentido.

Hoy por hoy España es un país libre y democrático que, a diferencia de los proyectos nacionalistas gallego, vasco o catalán, te permite a ti como minoría nacionalista un nivel de autonomía y autogobierno impensable en cualquier otro Estado europeo. Fíjate que por permitir, permite que un partido nacionalista al que no votaron ni el 20% de los gallegos tenga a su máximo dirigente gobernando en Galicia e incluso despotricando contra los mismos que le mantienen el sueldo y el tremendo presupuesto que maneja (hay que recordar que Galicia es una comunidad deficitaria que recibe más, mucho más, de lo que aporta).

La posibilidad de decidir existe. Pero tiene que ser por los cauces democráticos fijados en la Constitución. Si se apuesta por romper la baraja y las reglas del juego entonces barra libre...pero para todos, ¿eh?

Yo, qué quieres que te diga, soy partidario de la democracia. Creo que a todos nos va mucho mejor. Y si no, que le pregunten a Quintana...¡jejeje!

teixugo #14 24/Agosto/2007 teixugo

Ninhada DE RATOS!!!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: