Educación non pregunta nos centros polas súas "necesidades reais de equipamento informático", acusa Manuela López Besteiro
A voceira do PPdG sobre temas de Educación, Manuela López Besteiro, arremeteu contra a política da Xunta de implantación das novas tecnoloxías nas aulas. Besteiro acusou este mércores ao bipartito de non saber investir correctamente os cartos públicos na dotación de computadores ás escolas.
Os populares aseguran que os ordenadores estanse incorporando sen consultar aos centros, polo que existe “descordinación” e “duplicidades”. Mesmo indican que en moitos centros os novos aparatos fican como “material sen desembalar” xa que “non se consulta cos centros as necesidades”.
"Promesas inclumplidas"
Ademais, a voceira conservadora denunciou “o incumprimento reiterado do goberno bipartito da promesa de garantir un ordenador cada dous alumnos e dun para cada familia”. Besteiro recordou que nas aulas do país hai un ordenador para cada 12,9 alumnos, o que sitúa a Galiza na cola da clasificación estatal.
Por todo isto, cualificou de “campaña mediática” as actuacións da Consellería de Educación neste eido. O PP vai presentar no parlamento un plan para alcanzar o ratio de un computador para cada dous alumnos.
Claro, aquí el negociete está en comprarle los ordenadores a los amiguetes...y luego ya que más da que se utilicen o no.
e como pensa o pp chegar o ratio de un computador para cada dous, sen enviar máis ordenatas aos coles???
ardo en desexos de coñecer a proposta!!!
tamén me gustaría q a señora besteiro citase centros concretos onde os ordenadores quedan sen desembalar
pq eu coñezo máis ben o caso contrario: o de profesorado q se queixa de falta de material para novas tecnoloxías
pero bueno...o caso é botar a lingua a pacer!
Manolita preocúpase agora do que nunca fixo mentres andaba no cabaliño!
E digo eu que o curso ainda nom começou, nom? ate que cheguem @s mestres às escolas nom ha quem desembale nada.
mestres-as desembalando???? jasssussss!!! na miña vida vim tal coisa...que se lhes apega a fita de embalar nos aneis...!!! jassussss me manden un regimiento de conserjes...please!!!
A verdade é que chegam computadores novos e já atiram num recanto os mestres-as aos Pentium II...ignorantes de la vida...que como terminais tontos iriam de medo....Deus dá-lhe pam a quem nom tem dentes...etiopes matariam por um pentium II.
¡coño! ¡coño! e ¡requetecoño!, ... se os profes están de vacancias....!
Agradezo os teus comentarios cara a miña persoa, eugalego.
Mais eu non defendo nin apoio as ameazas (do tipo "diana ambulante") que fas ti habitualmente (e Gaviotero tamén, máis sibilinamente).
A min o único que me gustaría é que o Gaviotero marchase de Vieiros, e a persoa que se agocha tras del, da Galiza. (Mesmo lle daría un bon apreton de maos na fronteira con España e desexaríalle sorte para súa nova vida en Madriz)