Os socialistas consideran que a ex conselleira non pode dar leccións sobre un tema ao que os populares nunca lle prestaron "apenas atención".
"Ten que botar man de datos falseados para tirar da manga iniciativas que xa tiña que poñer en marcha no seu momento", comentou este mércores Guillermo Meijón Couselo, voceiro parlamentario de Educación do PSdeG. Meijón dixo que "é un avance" que o PPdeG se preocupe pola introdución das novas tecnoloxías na escola, pero apuntou que na súa opinión "é un interese que chega algo tarde, posto que se preocuparon ben pouco polo tema durante os seus 16 anos de goberno".
O deputado socialistas destacou en xeral o qe considerou un "goberno comprometido coa educación pública" e referiuse en particular ao ámbito das TIC na comunidade educativa, indicando que a Xunta "realiza un labor importante". Ao fío, cualificou de "cínica" a intención do PP de "darlle a volta ao informe do Consello Escolar".
Besteiro usou estatísticas de cando o propio PPdeG gobernaba
Na mesma xornada tamén se produciu a resposta desde a Consellaría de Educación que, ao respecto da polémica sobre a ratio de computadores por alumno, recordou que as cifras ofrecidas por Manuela López Besteiro, un ordenador por cada 12,9 rapaces, facían referencia de feito ao curso 2004-2005, cando os populares gobernaban.
Así, Educación defende que nos dous anos seguintes e despois do cambio de goberno, investíronse até 26 millóns de euros na compra de computadores, até unha ratio actual dun equipo por cada sete alumnos. A Consellaría defende tamén o investimento en axudas para que as propias familias merquen computadores para o fogar.
Por outra parte, Educación salienta os avances na introdución das TIC nos currículos escolares para conseguir "un mellor aproveitamento destas tecnoloxías". Ademais, refírense no mesmo sentido ás accións de formación dirixidas ao profesorado.
Ya está bien de echar la vista atrás, señores del bigobierno...¡que llevan dos años gobernando ya y parece que acaban de llegar ayer!
Dentro de otros dos años tendrán que rendir cuentas de lo hecho por USTEDES y no de lo que hicieron o dejaron de hacer durante los años anteriores los responsables del Partido Popular.
Y como no pasen el examen, los que llegarán tarde con sus demandas serán ustedes...a ver si de tanto mirar hacia atrás se encuentran con ustedes mismos.
Ainda que estas acusacións dos anteriores gobernantes das anteriores 13 Xuntas - unha por consellaría - non nos sorprendan, coido que hai que aproveitar para seguir facendo ximnasia: convén practicar e recomendar a actitude do corredor de fondo, manter a capacidade de indignarse e de reaxir, continuamente, ante o cinismo, a caradura e a mentira.
O impresionante cinismo, caradura e mentira da camarilla dos que gobernaban antes, o PP; facer o exercicio de corredor de fondo de poñelos en evidencia sempre que mintan e reviren a realidade - tarefas nas que teñen devanceiros moi sobresaíntes.
Mais afortunadamente a caste está esmorecendo de xeito ben aparente; van aviados con fieras como a señora Besteiro ou, máis próximo, como o noso cretino, políglota e posiblemete tamén piloto de aeroplano Gaivoto, tamén corredor de fondo e proselitísta delegado nestes foros de Vieiros, e que ata vai rematar caendo simpático. Este elemento ven de escribir preto de aquí [O PPdeG di que os ordenadores novos fican “sen desembalar” nas escolas] que "Claro, aquí el negociete está en comprarle los ordenadores a los amiguetes...y luego ya que más da que se utilicen o no."
A devandita camarilla, as 13 Xuntas (unha por Consellaría), bulía mentres Fraga durmía, escribía libros e recibía a cabaleiros da Serenísima Orde do Albariño e vellas glorias e personaxes varias; bulía e, de xeito totalmente premeditado, calculado e optimizado 'en tempo real', segundo os chaqueteos, movementos e ouveos da manada de subministradores e asistencias técnicas 'dos nosos, por suposto', contrataba O QUE FIXERA FALLA para lles dar beneficios económicos e para que furrulara a realimentación e o conseguinte soporte socioeconómico do PPartido; por suposto tamén contrataba aos asesores e consultores necesarios para que co estómago ben agradecido se puxeran a escribir e xustificaran toda a contratación pública que fora necesaria, dende papel hixiénico a quirófanos, de calquera servizo ou profesión que desenvolvese 'alguén dos nosos'. O cimo e expoñente máximo coñecémolo todos ben, o [agora aborto de] mausoleo a carón da autopista A9 en Compostela.
Lectores, escribide tamén, como corredores de fondo; mirade que as mentiras escritas centos de veces ...
Saúde e república!