Despois de que o tribunal declarase improcedente o seu despedimento, os traballadores decidirán os próximos pasos.
Esta mesma semana coñecíase que o xulgado do social nº1 da Coruña cualificaba de improcedente o despido de 26 traballadores da empresa Atento. Os ex empregados cavilan agora se recorren a sentenza para tratar de conseguiren que o despedimento sexa cualificado de "nulo", o que implicaría que deben ser readmitidos. Desde o sindicato recoñecen ao respecto non seren optimistas sobre a continuidade de Atento na Coruña, debido á estratexia da empresa en Galiza e no resto do Estado.
A delegada de CIG en Atento e vicepresidente do Comité de Empresa, Mónica Díaz, destacou a importancia de conseguir este obxectivo que implicaría a súa volta aos postos de traballo, non obstante, asegurou que serán os propios traballadores os que tomen a decisión de facelo.
O fallo xudicial que se deu a coñecer o pasado luns considera que a situación contractual destes empregados é de persoal indefinido e non contratado por obra e que o seu despedimento é fraudulento xa que a empresa alegou unha diminución de chamadas cando se puido demostrar que estas se estaban a desviar a outras oficinas no resto do Estado. A sentenza tamén recoñece a antigüidade da maioría destes traballadores dende a sinatura do seu primeiro contrato.
Media Galiza está chea de merda pola folga dos recolledores de lixo, pero parece que en Vieiros aínda non lles fede e non se decataron.
A noticia máis parecida a un conflito laboral é esta e por iso eu aprovéitoa para comunicar a outra.
De nada.
A loita desenvolvida dende o mes de marzo polas traballadoras de ATENTO ten os seus froitos: a xustiza veu a darlles a razon, os despedimentos son improcedentes.
Sería loxico e normal que a súa readmisión fora inmediata. Pois nada máis lonxe da realidade, a lexislacion laboral pactada por CC OO e UXT permete as empresas condenadas escoller entre a readmisión e a indemnización; é dicer, permete as empresas deixar na rúa os despedidos… só que pagando máis diñeiro, desvirtuando o que foi unha victoria da loita.
E nunha empresa como ATENTO cuxos proxectos é o de deslocalizar e despedir máis xente, o que vai escoller esta claro, pagar para que as compañeiras que loitaron e conseguiron ista victoria queden na rúa, e cando se enfrien os animos voltar o que tiña previsto dende o principio, deslocalizar e pechar centros de traballo, entre eles o de A Coruña.
Pero as sentenzas teñen outro aspecto que pon contra as cordas a actual negociación do convenio.
Se xa foi un puñalada polas direccions de CCOO e UXT seguir na negociación mentras despedianse a centos de traballadores en todo o Estado (A Coruña, Valencia, Cordoba, Getafe), cando dende o Cté de A Coruña pediáse que se levantaran da mesa, o que é inaudito é que neste se manteña a espada de Damocles que as mesmas sentenzas recoñecen: o artigo 17, no que se permete as empreses despedir libremente se hai unha “queda nas chamadas”, queda, que como ficou demostrado, calquer empresa do sector pode provocar a súa vontade.
A combativa resposta aos despedimentos fixo retroceder a empresa e o sector nos seus plans de deslocalizacion, mais non foron derrotados aínda. Empresas como ONO, Sykes e a mesma Atento, etc., estan a reconvertir permanentemente o sector, despedindo constantemente centos de traballadores e traballadoras co silencio complice dos sindicatos maioritarios.
Por outra banda, a ameazada dos peches de empresas, ou as rebaixas nas condicions laborais, baixo a chantaxe da deslocalización non é un “mal” do telemarketing nin exclusivamente galego; as recentes loitas e peches de Delphi (Andalucia), A Toxa (Galiza), Samsung (Cataluña), etc., demostran que é unha politica conscente do conxunto da patronal, que contan co apoio do goberno central e o silencio da Xunta de Galicia, e a colaboura das direccions de CC OO e UXT, sempre dispostas a vender os postos de traballo a troques de un pouco máis nas indemnizacions.
Fronte a ista política, é necesario que os sindicatos combativos e dispostos a loitar, como a CIG, a CGT, LAB, etc., chamen a formar unha fronte comun contra as deslocalizacions e os despedimentos, exixindo a desaparición inmediata do convenio do nefasto artigo 17, e convocando asambleas en todo o sector para explicar cal é a situación real, as ameazas de peches e despedimentos, e as medidas de loita a adoptar.
Alen máis, a loita por frear a sangria e a chantaxe impon a mobilizacion por unha lei que prohiba as deslocalizacions, tanto estatal como nacional, que impida dun xeito real o que a patronal utilice a súa ameaza para despedir a traballadores, pechar empresas ou rebaixar as condicions dos actuais.
Hai que conquerir a readmisión inmediata das traballadoras de Atento coa mobilizacion, unico camiño porque o da xustiza, como se pode comprobar, só é un saúdo a bandeira.