O referendo convocouno a alcaldesa de La Peza (Granada) entre unha poboación de 120 habitantes.
Casa do concello de La Peza
Unha aldea da provincia española de Granada efectúa este xoves un referendo para decidir se quere ou non ter cobertura de telefonía móbil. Os 120 veciños de Los Villares, no concello de La Peza, votan entre as dez da mañá e as oito do serán na Casa da Cultura se desexan que se instale unha antena nas proximidades do núcleo de poboación.
A alcaldesa Celia Santiago, do PP, decidiu convocar a consulta polo feito de que non está demostrado o dano que as instalacións poden causar na saúde dos habitantes da aldea, maioritariamente maiores de 60 anos. Moitos dos veciños, porén, desexan poder usar o móbil para estaren localizábeis. Pola noite saberase o resultado desta consulta pioneira.
E agora que van dicir os partidos de esquerdas? Imaxino que nese concello haberaos?. Está visto que se a dereita quere fan ben as cousas e ista é unha delas. Iso sería un fito: votar por todo o que nos interesa e non que nos enganen coma parvos os políticos que o único que fan é subirse o soldo e apoltronarse, incluindo ó BNG. Desde logo pensei que algo ía cambiar e non é así. !!País!!.