O Vaticano firma un acordo con Mistral Air, fundada por Bud Spencer, para crear unha liña aérea de baixo custe que unirá centros de peregrinación.
Un dos avións de Mistral Air
Mistral Air, unha compañía aérea italiana, acaba de firmar un acordo co Vaticano para montar unha liña aérea que enlace os principais lugares de peregrinación do mundo cristiá. Entre os destinos previstos está, como non, Santiago de Compostela.
O primeiro voo a Lourdes partirá de Roma a vindeira semana, pero non haberá enlaces ás outras cidades ata 2009. Ademais de Lourdes e Santiago, haberá “voos sacros” a Fátima, Guadalupe (México), Xerusalén e o santuario polaco de Czestochowa.
Aínda non se coñecen os prezos, pero un voceiro do Vaticano asegurou ao diario 'La Republica' que serán “moi reducidos” pois están destinados a peregrinos. A liña operará tres avións Boeing 737.
Uniformes especiais para as azafatas
O acordo tamén inclúe pintar os fuselaxes destas aeronaves co salmo “Busco o teu rostro, Señor”.Os aparellos manterán as súas cores actuais, que son as do Vaticano, branco e amarelo. Para as azafatas haberá un uniforme especial adaptado aos gustos papais.
Fundada por Bud Spencer
Mistral Air é propiedade do grupo transalpino Poste Italiana (o Correos italiano) e traballa sobre todo con avións de carga. Curiosamente, foi fundada en 1981 polo actor Bud Spencer, famoso polos golpes que repartía nas súas películas.
O vicepresidente da Obra Romana de Peregrinacións (a entidade papal que asinou o acordo), Liberio Andreatta, defende que os voos incrementarán o número de peregrinos.
Estou moi intrigado, como van ir as azafatas vestidas? Cales son os gustos papais en cuestión de azafatas? Neses avión débese ir como diós
En tiempos de Carlos II, habia en Barcelona tres cardenales que tenian un harem que ocupaba un palacio entero. Legaron a ser unas ochenta chicas en los tiempos de maximo apogeo. Para distinquirlas, cada cardenal vestia a todas sus chicas del mismo color. Asi no se equivocaban y se iban con las mujeres que pertenecian a otro cardenal. Con las azafatas podrian hacer lo mismo. Por cierto, cuando los franceses entraron en Barcelona se llevaron a las chicas de los cardenales (alguno podria decir "liberaron"). A ver si al Vaticano no le pasa lo mismo con las azafatas. Por cierto, va a haber tambien azafatos? Por que no se habla de si indumentaria?
Ai Deus!
Seguro que as/os auxiliares de voo iran cun traxe parecido a da garda suiza. Ese debe ser o chamado estilo Papal, ou de branco con zapatiños vermellos.
Han ir de anxeliños -anxeliñas non había, coido- e con moitas plumas (garda suisa)!
Haberá voos sacros ao ceo "de Santiago ao ceo": Viaxe como Deus"
Ou ao inferno. Se lla pegan.
Voará Paquinho Vásques a Santiago ou esperará a que poñan voo directo á "La Coruña"?
Eu non subo polo si ou polo non, son moi superticioso.
Iso de prezos reducidos... Como total é probable que non chegues....
Pois como deus lle axude a esta aeroliña e os q viaxen nela, tanto como lle axudou aos q morreron na igrexa de Pisco polo terramoto, van apañados.
Seguro q acaban encontrando o rosto do señor ese queiran ou non.
O que se meta nunha igrexa pensando que así se vai a salvar dun terremoto, ademais de superticioso é bobo.
Palabra de Deus.